A meseta do Columbia (en ) é unha ampla meseta da zona do Pacífico Noroeste dos Estados Unidos atravesada polo río Columbia, unha meseta de inundación de basalto localizada entre a Cascade Range e as Montañas Rochosas. É unha rexión xeolóxica e xeográfica que administrativamente comprende parte dos estados de Washington, Oregón e Idaho. Unha das acepcións do termo «conca do Columbia» (Columbia Basin) refírese máis ou menos á mesma zona que a meseta do Columbia.Floyd, Ben, et al. "Glossary ". (1998) Hanford Reach Protection and Management Program Interim Action Plan . Prosser, Washington: Benton County Planning Department.
Xeoloxía esquerda|miniatura|202x202px|A provincia basáltica Río Columbia A finais do Mioceno e principios do Plioceno, unha das maiores inundacións de basalto, de arredor de 160 000 km² xurdiu do Pacífico Noroeste, formando unha gran provincia ígnea.Description: Columbia Plateau Columbia River Basalt. United States Geological Survey, consultado o 9 de outubro de 2007. Durante un período talvez de 10 a 15 millóns anos, fluíu a lava despois de que o fluxo se derramase pola superficie, acumulando en última instancia ata un espesor de máis de 1,8 km. A medida que a rocha fundida chegaba á superficie, a codia da Terra afundíase aos poucos ocupando o espazo deixado pola lava que xurdía.
Esa subsidiencia da codia produciu esta gran meseta, unha ampla chaira de lava lixeiramente deprimida que ás veces tamén se coñece como conca do Columbia. O antigo río Columbia viuse obrigado a discorrer polo seu curso actual pola lava que avanzaba cara ao noroeste. A lava, cando fluía sobre a área, encheu primeiro os vales fluviais, formando diques que á súa vez provocaron a creación de encoros ou lagos. Nos leitos deses lagos hai impresións fósiles de follas, madeira petrificada, insectos fósiles e ósos de animais vertebrados.
Flora Parte da meseta do Columbia asóciase coa kecorrexión da Meseta do Columbia, parte da ecorrexión coñecida como Nearctic temperate and subtropical grasslands, savannas, and shrublands («pradarías neárticas tépedas e subtropicales, sabanas e matogueiras») do bioma «pasteiros, sabanas e matogueiras tépedas». esquerda|miniatura|200x200px|Múltiples coadas de basalto superpostas no macizo basáltico do río Columbia (Moses Coulee, Washington)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas USGS Page on Columbia Plateau Geology of Lake Roosevelt National Recreation Area (source of much of this page) Guide to digital documents and photographs about the Columbia River area. Columbia River Basin Ethnic History Archive
Categoría:Accidentes xeográficos dos Estados Unidos de América Categoría:Mesetas