O Castro é un lugar da parroquia de Pereira, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Os seus habitantes están incluídos dentro do número que o IGE determina para o lugar da Alta de Pereira.
O Castro fai xunto aos lugares da Alta de Pereira e da Irexe un triángulo poboado dunhas 23 hectáreas. O Castro estríbase entre o monte de Castro, que acada os 347 m de altitude, e a Pena do Raposo, que chega aos 372 m, que fan fronteira co concello de Touro. Cara ao norte, oriéntase cara á bacía dun regato que nace poucos metros antes e que apenas 1.400 m despois desauga no Brandelos, polo que o camiño que o cruza en dirección á Alta de Pereira salva unha pendente algo acusada cara a abaixo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Pereira
Parroquias do Pino
Notas
Categoría:Lugares do Pino