Jack Robert Lousma, nado en Grand Rapids, Míchigan o 29 de febreiro de 1936, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións Skylab 3 e STS-3.

Traxectoria Lousma graduouse en enxeñaría aeronáutica pola Universidade de Míchigan en 1959 e é máster na mesma materia pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1965.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1966, participando nas misións Skylab 3 e STS-3. Pasou un total de 67,47 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Skylab 3 STS-3

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Grand Rapids, Míchigan