A Pedriña é un lugar da parroquia de Bidouredo no concello lucense de Monterroso, na comarca da Ulloa. Segundo o padrón municipal (INE 2013) non tiña ningún habitante. O lugar da Pedriña está a carón do río Ulla, que fai de división natural entre os concellos de Antas de Ulla e Monterroso. Precisamente nese punto a ponte sobre o río é coñecida co nome de Pontepedriña. Na actualidade está máis poboada a parte de Antas de Ulla que a de Monterroso, debido a varias construcións realizadas nos últimos anos.

Lugares e parroquias Lugares de Bidouredo

Parroquias de Monterroso

Categoría:Lugares de Monterroso Categoría:Despoboados da provincia de Lugo