Demy de Xacobe II (1437-1460)260x260pxIACOBVS : DEI : GRACIA : REX : SC, león rampante dentro dunha cartela cadrada.SALVM : FAC POPVLVM : TVVM : DNE : sautor flanqueado por flores de lis dentro dunha orla de seis arcos con cuadrifolios nas enxuntas.Demy . AU. 24 mm. 3,37 g. "1 Demy - James II 1st Coinage". Numista.
O demy foi unha moeda escocesa de ouro introducida por Roberto III (1390-1406), co valor de medio lion ou media coroa escocesa de ouro.Stewart, I. (1955)."Demy". En Frey, A. R. (1916). Páxina 63."Demy". En Martinori, E. (1915). Páxina .
O seu nome vénlle do francés demi, que significa "medio", precisamente polo seu valor fraccionario."Demy". En Dictionary of the Scots Language. 2004. Scottish Language Dictionaries Ltd.Belaubre, J. (1996).Klütz, K. (2004).
Historia
Roberto III (1390-1406) Do mesmo xeito que ocorreu co lion, baixo Roberto III producíronse dúas emisións de demy: unha forte e outra lixeira. A primeira cuñouse entre os anos 1390 e 1403; tratábase dun demy con valor de 2 xilins e 6 peniques (ou sexa, 30 peniques ou 1/8 da libra escocesa), cun peso de ca. 1,95 gramos."1 Demy-Lion - Robert III Heavy Coinage". Numista.
Neste primeiro demy, amósase no anverso o escudo co tradicional león rampante das armas de Escocia, rodeado pola lenda ROBERTVS + DEI + G ⠇REX + SCOTO ("Roberto, pola graza de Deus, rei dos escoceses"). O reverso está ocupado por un sautor con flores de lis nos cuadrantes e senllos trifolios nos cuadrantes superior e inferior, coa lenda XPC REGNAT XCP VINCIT XPC IMPERAT ("Cristo reina, Cristo conquista, Cristo manda").Anverso do demy de Roberto III. National Museums Scotland.Reverso do demy de Roberto III. National Museums Scotland.
Na segunda emisión, máis lixeira, producida entre 1390 e 1406, o demy foi cuñado co mesmo valor e unha tipoloxía e lendas moi semellantes, aínda que o seu peso foi abaixado a 1,30 gramos."1 Demy-Lion - Robert III Light coinage". Numista.
Xacobe I (1406-1437) e Xacobe II (1437-1460) Xacobe I retomou a cuñaxe do demy.Lindsay, J. (1845). Páxinas 130-131. No entanto, neste caso o seu valor ascendeu a 9 xilins (ou 9/20 da libra escocesa), en consonancia co seu peso, que tamén ascendeu a ca. 3,50 gramos."1 Demy - James I" Numista.
Neste demy, o león escocés do anverso aparece dentro dunha cartela cadrada e, no reverso, amósase un sautor no centro flanqueado por flores de lis, dentro dunha orla de seis arcos con cuadrifolios nas enxuntas. As lendas son IACOBVS DEI GRACIA REX SC ("Xacobe, pola graza de Deus, rei dos escoceses") para o anverso e SALVVM FAC POPVLVM TVVM DNE ("Oh, Señor! Salva o teu pobo") para o reverso.Reverso do demy de Xacobe I. National Museums Scotland.
Paralelamente, Xacobe I cuñou tamén moedas de medio demy, coa metade do valor, é dicir 4 xilins e 6 peniques."Coin (obverse), half-demy, from reign of James I". National Museums Scotland."Scottish Coins ". Elks, K. Coinage of Great Britain. Celtic to Decimalisation. Part 12.
A derradeira emisión do demy produciuse a nome de Xacobe II, cunha métrica, unha tipoloxía e un valor idénticos aos do seu predecesor."1 Demy - James II". Numista.Anverso do demy de Xacobe II. National Museums Scotland.Reverso do demy de Xacobe II. National Museums Scotland.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lion (moeda escocesa) Libra escocesa Moeda escocesa
Bibliografía
Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7 Bateson, D, (1987). Scottish Coins. Shire Publications Ltd. ISBN 0-85263-847-7 Belaubre, J. (1996). Dictionaire de Numismatique médiévale occidentale. París. Léopard d'Or. ISBN 2-86377-121-3 Burns, E. (1887). The Coinage of Scotland. Volume I, volume II, volume III. Black, Edimburgo. De Cardonnel, A. (1786). Numismata Scotiæ or a series of the scottish coinage, from the reign of William the Lion to the Union. Edimburgo. G. Nicol. Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Grueber, H. (1899). Handbook of the Coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. Londres. [Reimpresión en 1970; ISBN 1-4021-1090-1] Holmes, N. (1998). Scottish Coins. Edimburgo. NMS Publishing. ISBN 1-901663-02-7 Klütz, K. (2004). Münznamen und ihre Herkunft. Viena. Moneytrend Verlag. ISBN 3-9501620-3-8 Lindsay, J. (1845). A view of the coinage of Scotland. Cork. Mackay, J.; Mussel, J. (2016). Coin Price Guide to British Coins. Token Publishing Ltd. Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma. Seaby, P.; Purvey, F. (1984). Coins of Scotland Ireland and the Islands. Sanford J. Durst. ISBN 978-0900652646 Stewart, I. (1955). The Scottish Coinage. Londres. Spink & Son.
Ligazóns externas
Scottish Coins
Categoría:Moedas de Escocia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de ouro