miniatura|256px|Un Molniya-1 en exposición no Museo do Aire e do Espazo en París Le Bourget. Molniya é unha familia de satélites de comunicacións soviéticos e rusos.

Características Molniya agrupa toda unha serie de familias de satélites de comunicacións que comezaron a ser desenvolvidos na época soviética e continuaron evolucionando ata seguir sendo usados pola actual Rusia. Dadas as características xeográficas do país e as capacidades dos lanzadores da época na que foron desenvolvidos, os satélites eran enviados en órbitas moi elítpicas de tal xeito que pasaran a maior parte do tempo sobre territorio soviético. A este tipo de órbitas se lles acabou denominando órbitas Molniya. Os primeiros satélites empezaron a lanzarse a mediados dos anos 1960 usando o foguete homónimo.

Molniya 1 Molniya 1 foi a primeira serie de satélites de comunicación Molniya. Eran inxectados en órbitas de 500 x 40 000 km de altura cun período de 12 horas pasando a maior parte do tempo sobre latitudes altas. Os satélites usaban un bus KAUR-2 presurizado estabilizado nos tres eixos do que sobresaían seis paneis solares fixos. As antenas para as comunicacións ían montadas en dous brazos telescópicos e podían apuntarse a onde interesara. Cada antena tiña un dispositivo óptico de seguimento para poder apuntar adecuadamente cara a Terra. O sistema de comunicacións consistía en cinco transpondedores con capacidade para xestionar telefonía bidireccional, telegramas, faxes ou televisión. Algúns dos satélites levaron a carga útil Berkut, consistente en dúas cámaras de televisión usadas para facer estudos meteorolóxicos e como preparación para un sistema de alerta temperá. Lanzáronse 32 satélites Molniya, con dous deles errando en chegar a órbita e con Molniya-1 30 sendo cancelado.

Molniya 1Yu Molniya 1Yu foi unha serie formada por dous satélites Molniya modificados para probar e calibrar os sistemas de seguimento de espazo profundo para o programa lunar soviético. O corpo dos satélites era o mesmo que nos Molniya-1, pero os transpondedores foron substituídos con equipamento de radio con propósitos de calibración e seguimento. Molniya-1Yu 11L, tamén coñecido como Kosmos 174, foi lanzado o 31 de agosto de 1967 mediante un Molniya M, mentres que Molniya-1Yu 15L (Kosmos 260) foi enviado a órbita o 16 de decembro de 1968 mediante un Molniya-M Block-ML.

Molniya 1S Molniya 1S foi o primeiro satélite de comunicacións soviético xeoestacionario. Foi lanzado o 29 de xullo de 1974 mediante un Proton K/DM e tiña carácter experimental. Foi o único Molniya enviado á órbita xeoestacionaria.

Molniya 1K Os Molniya 1K eran satélites Molniya adicados a comunicacións militares, formando parte da rede Korund. Levaban a bordo transpondedores con tubos de onda máis fiables que os do Molniya-1 orixinais, aumentando a vida útil dos satélites nun ou dous anos. Lanzáronse 31 Molniya 1K entre 1973 e 1984, cun so fallo parcial e todos a bordo de foguetes Molniya-M Blok-ML.

Molniya 1T Molniya 1T foron os sucesores de Molniya 1K. Usaban tubos de onda no seu sistema de comunicacións máis fiables que os dos anteriores, aumentando á súa vez a vida útil dos satélites en 2 ou 3 anos. Lanzáronse 34 Molniya 1T entre 1983 e 2004, todos a bordo de foguetes Molniya-M Blok-ML e todos con éxito.

Molniya 2 Os Molniya 2 foron os sucesores de Molniya 1. Usábanse para comunicacións civís usando as estacións terrestres Orbita-2. A carga de comunicacións consistía en dous repetidores funcionando en banda C e dúas antenas de corno cun patrón de radiación de 21,5º. Lanzáronse 19 Molniya 2 entre 1971 e 1977, dous deles errados, e todos a bordo de foguetes Molniya-M Blok-ML.

Molniya 3 Os Molniya 3 foron os sucesores de Molniya 2 e levaban a bordo tres transpondedores para uso civil, dous deles radiando cunha potencia de 40 W e o outro cunha de 80 W. Lanzáronse 54 Molniya 3 entre 1974 e 2003, con dous fallos parciais, e todos usando foguetes Molniya-M Blok-ML.

Molniya 3K Os Molniya 3K é unha versión avanzada dos Molniya 3 e levan a bordo transpondedores Omega-S. Lanzáronse dous Molniya 3K en 2001 e 2005, con este último fallando en chegar a órbita.

Historial de lanzamentos