Vanderlei Cordeiro de Lima, nado en Cruzeiro do Oeste o 11 de agosto de 1969, é un atleta brasileiro, corredor do maratón e ex-bóia-fria, termo co que se define a un traballador agrícola brasileiro que non é propietario da terra na que traballa.
Traxectoria esquerda|miniatura|Vanderlei participando nos actos previos aos Xogos Olímpicos do Río en 2016. Deveu unha das celebridades dos Xogos Olímpicos de Atenas en 2004 cando, despois de liderar o maratón ata o quilómetro 36, foi abordado e derrubado por un fanático relixioso irlandés, o ex-sacerdote Cornelius Horan. Axudado por algúns espectadores da carreira, retornou á proba e aínda conseguiu garanti-la medalla de bronce da proba, sendo aplaudido de pé cando entrou no estadio Panathinaikós. Polo seu feito, Vanderlei, foi aínda agraciado pola medalla Pierre de Coubertin concedida para atletas que valorizan a competición olímpica máis do que a vitoria.miniatura|Vanderlei na Esplanada dos Ministerios no Sete de Setembro|esquerdaAntes de Vanderlei, o último atleta a recibi-la homenaxe tiña sido o velexador canadense Lawrence Lemieux, que nos Xogos Olímpicos de Seul, en 1988, abandonou a disputa da súa proba para salvar unha persoa que caera no mar.
En 2016 participou nos actos dos Xogos Olímpicos do Río de Xaneiro. esquerda|miniatura|En 2016, acendendo a pira olímpica. Títulos
2004 - Medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Atenas 2003 - Medalla de ouro nos Xogos Panamericanos Santo Domingo 2002 - Vencedor da Volta Internacional da Pampulha 1999 - Medalla de Ouro nos Xogos Panamericanos Winnipeg-99 1999 - Vencedor da Volta Internacional da Pampulha
Notas
Véxase tamén
Xogos Olímpicos de Atenas 2004 Xogos Olímpicos do Río de Xaneiro 2016
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Fondistas Categoría:Atletas olímpicos do Brasil Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Nados no estado do Paraná Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polo Brasil Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004