Julio Anguita González, nado o 21 de novembro de 1941 en Fuengirola e finado en Córdoba o 16 de maio de 2020, foi un político comunista andaluz.

Traxectoria Procedente dunha familia de militares e gardas civís, estudou maxisterio e posteriormente historia na Universidade de Barcelona, militante do Partido Comunista de España desde 1972 (ou 1974), foi alcalde de Córdoba entre 1979 e 1988, candidato á presidencia da Xunta de Andalucía en 1986, elixido secretario xeral do PCE en 1988, cando se formou Izquierda Unida converteuse no seu coordinador xeral. Deputado no Congreso dos Deputados (1989-2000). En 1999 deixou a secretaría do seu partido tras sufrir problemas cardiovasculares.

Durante o seu liderado IU mantivo unha política moi belixerante co goberno do PSOE, con posturas próximas á ortodoxia comunista, e opostas á Europa de Maastricht, favorecendo acordos puntuais co Partido Popular, o que provocou enfrontamentos no interior da coalición que levan á expulsión da corrente Nueva Izquierda e a ruptura con Iniciativa per Catalunya, pero tamén é certo que con el IU obtivo os mellores resultados electorais da súa historia.

O seu fillo, Julio Anguita Parrado, xornalista, morreu cando cubría coas tropas norteamericanas a invasión de Iraq de 2003 por un disparo iraquí.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Artigos de Julia Anguita na revista Mundo Obrero .

Categoría:Alcaldes de Córdoba Categoría:Políticos comunistas Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados por IU Categoría:Políticos do PCE Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Fuengirola Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Finados en 2020 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona