Os Círculos José Antonio (CJA) foi un partido falanxista español. Tiña como obxectivo mante-la ortodoxia falanxista, oporse ó capitalismo e reorganizar a FE de las JONS. Os CJS acusaron ó franquismo de terxiversar e deforma-lo nacionalsindicalismo. Historia

Orixe A finais da década de 1950, os grupos falanxistas que permanecían dentro do "Movemento Nacional" estaban a experimentar unha profunda crise en canto á evolución do sistema de partido único e á difusión da ideoloxía falanxista orixinal. Comezaron a organizarse Círculos, inicialmente centrados unicamente no estudo e difusión da doutrina de José Antonio Primo de Rivera. O primeiro Círculo xurdiu semiclandestinamente en Madrid arredor de 1959 contando co apoio de Miguel Primo de Rivera e Pilar Primo de Rivera, aínda que ao ano seguinte se estenderan a cidades como Barcelona e Sevilla. Finalmente reuniron uns mil membros. esquerda|miniatura|Papeleta electoral ao Congreso de Círculos José Antonio, para as eleccións xerais de 1977, na circunscrición de Valencia.

1960-1965 A comezos de 1960, unha vez foron incluídos no Rexistro de Asociacións do Ministerio de Gobernación, se espallaron rapidamenente, aínda que algúns deles non tiñan máis que o nome como tal e carecían de asociados. Na fundación, manteñen a estrutura de asociación e o primeiro presidente do círuclo de Madrid foi Julián Pemartín quen, aos poucos, cedeu a presidencia e pasaron a estar liderados por un "camisa vella", Luis González Vicén, e como vicepresidentes exercían Patricio González de Canales e Miguel Primo de Rivera. O seu líder, González Vicén, fora un mando da Garda de Franco, e loitara contra o "maquis", fora conselleiro nacional de 1948 a 1965 e tamén fora xefe de información do FET y de las JONS, foi o principal dinamizador nestes primeiros anos.

Nestes primeiros anos, a principal actividade fora realizar comidas de fraternidade nas que tamén aparecían outros membros do Movemento Nacional máis vencellados a Franco como Raimundo Fernández Cuesta ou José Antonio Girón. O obxctivo máis que a crítica ao franquismo era o de revitalizar a póla falanxista e servir de equilibrio fronte á cada vez maior influencia do Opus Dei e os tecnócratas no cumio do poder.

En 1962, comezaron a editar o o boletín Es Así. Periódico Sindicalista Español, que foi secuestrado (só apareceron cinco números) e prohibido, en 1964, polo réxime franquista e, a seguir, os Círculos entraron nun período de represión e crise polo abandono de moitos dos "históricos" que eran contrarios a criticar o franquismo e que só pretendían centrar as críticas á reinstauración da monarquía e a aqueles elementos máis dereitistas do réxime.

1964-1979 Da crise, non se recuperaron ata que, en xuño de 1964, trala dimisión de González Vicén, elixiuse como xefe do Círculo de Madrid a Diego Márquez Horrillo e se procedeu á reorganización. En 1970, organizaron as denominadas Juntas Promotoras da Falange Española por se se aprobaba a regulamentación das asociacións políticas. En abril de 1972, constituíuse en Madrid a Xunta Nacional de Mando dos Círculos José Antonio e a Junta Promotora Nacional de Falange Española de las JONS baixo a presidencia de Diego Márquez Horrillo para dar unha estrutura e organizar os diversos círculos locais que, en 1974, chegaron a 82.

O 30 de maio de 1972 aprobaron o seu programa cun marcado ton aperturista e afastados da idea de partido único. Así pedían o sufraxio universal a partir dos 18 anos e a elección por voto popular dos membros do Consello Nacional do Movemento, a aprobación das asociacións (unha das cales sería Falange), o fomento da economía social e o papel dos traballadores nas empresas, a regulación do dereito á folga, socialización do ensino, así como o peche de bases militares estranxeiras. En decembro de 1973, a súa actividade quedou suspendida durante tres meses, tras algúns incidentes durante un acto oficial en Toledo no que os seus membros lanzaron folletos críticos.

O 4 de marzo de 1977, constituíuse como partido político e foron inscritos no Rexistro de Asociacións Políticas polo que quedou legalizado polo Ministerio de Interior e podían presentárense ás eleccións xerais convocadas para o vindeiro 15 de xuño. Dous días despois fixeron o se primeiro congreso constituínte.

Eleccións de 1977 Nas eleccións xerais do 15 de xuño dese ano presentáronse como Asociación Círculos de José Antonio, dentro da coalición Alianza Nacional «18 de Julio». Obtiveron só 8.184 votos (0,04 %), e non presentaron candidaturas en ningunha provincia galega. Volveron a se presentaren nas eleccións xerais de marzo de 1979, integrados dentro la coalición «Unión Nacional», que conseguiu 378.964 votos un 2,11% dos votos válidos, o que permitiu ter un deputado.

Finalmente, o 28 de abril de 1979, integrouse na Falange Española de las JONS.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España Categoría:Falanxismo Categoría:Partidos políticos de extrema dereita de España