Susana Cendán Caaveiro, nada nas Pontes de García Rodríguez en 1965, é unha profesora e crítica de arte galega.

Traxectoria Doutora en Historia da Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou como coordinadora do Departamento de Educación no Centro Galego de Arte Contemporánea. É profesora de Teoría e Historia da Arte na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Foi nomeada responsable do Centro Torrente Ballester de Ferrol en 2009.«Hai que dotar ao Torrente Ballester dunha programación estable» É crítica e comisariou varias exposicións.

En 2024 comisariou a exposición Outras historias posibles que "pon o foco en Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, todas elas artistas que por méritos propios de dedicación e talento, despuntaron especialmente na década dos anos 80 do pasado século".

Obra escrita publicada Carmencita, 2009.

La moda (no) son siempre los demás, 2009.

Memoria de otro tiempo. El Sanatorio Marítimo de Oza, 2010.

Unha ironía deliciosa. Apuntes para a elaboración dun show posmoderno, 2010. Ma-ra-vi-llo-so. 15 razones para reflexionar sobre la creatividad, 2018. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha de Susana Cendán na páxina web do MARCO.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1965