Herbert Adolf Cahn, nado o 28 de xaneiro de 1915 en Frankfurt, Alemaña, e finado o 5 de abril de 2002 en Basilea, foi un numismático, arqueólogo e comerciante de moedas alemán nacionalizado suízo en 1949."HerbertCahn". En Dictionaire Historique de la Suisse."Cahn, Herbert". En Dictionary of Art Historians.Boehringer, C. (2002) .

Traxectoria

Como comerciante de moedas Herbert A. Cahn procedía dunha familia de comerciantes numismáticos de Frankfurt. Xa o seu avó, Adolph Emil Cahn (1840-1918), fundara en 1874 unha compañía dedicada á venda de moedas que chegou a organizar importantes poxas públicas. Posteriormente, o seu pai, Theodor Cahn (1877-1924) e o seu tío Julius Cahn (1871-1935) pasaron a dirixir o negocio ata a primeira guerra mundial."150 Jahre CAHN - die Firmengeschichte von 1863-2013".Boehringer, C. (2002) . Páxina 119.

Herbert A. Cahn recibiu a súa primeira educación en Frankfurt, a primaria na escola Philanthropin e a secundaria no instituto Goethe-Gymnasium, onde se graduou en 1932. Nesa época de estudante tomou contacto co mundo da numismática e comezou xa a colaborar coa empresa familiar, correu a cargo da edición de diversos catálogos de poxas e venda de moedas. Mesmo, aos 14 anos, publicou o seu primeiro artigo, sobre un denario inédito de Septimio severo.Cahn, H. A. (1929). "Ein unedierter Denar des Septimius Severus auf die Saecularfeier 204 n. Chr.". En Mitteilungen für Münzsammler. 6/70. Frankfurt. Páxinas 353-354.

No mesmo 1932, Herbert comezou os seus estudos de Arqueoloxía Clásica, Historia Antiga e Filoloxía Clásica na Universidade de Frankfurt, con profesores como Ernst Langlotz, e, logo da emigración forzada a Basilea en 1933 pola confesión xudía da súa familia, continuou os seus estudos na Universidade de Basilea, onde acadou o título de doutor en Arqueoloxía Clásica en 1940, baixo a dirección do profesor a Ernst Pfuhl, cunha tese sobre a moeda de Naxos (Die Münzen der sizilischen Stadt Naxos).Boehringer, C. (2002) . Páxina 121.A súa tese de doutoramento foi publicada en 1944 (véxase "Publicacións").

En 1933 asociouse co seu irmán, Erich B. Cahn, para crear a compañía Münzhandlung Basel, reconvertida en 1942 en Münzen und Medaillen AG, que chegou a se converter nunha das entidades de venda de moedas máis importantes do mundo.Boehringer, C. (2002) . Páxina 120. O negocio abranguía non só as moedas senón tamén as antigüidades e, despois de 1988, Herbert Cahn separou esta parte da compañía a unha de nova creación denominada H. A.C. Kunst der Antike, que chegou a ser tamén unha das empresas punteiras no comercio das antigüidades e dos obxectos de arte a nivel internacional.Boehringer, C. (2002) . Páxinas 122-123.

Como numismático académico Paralelamente ao seu labor comercial, Herbert Cahn mantivo permanentemente a súa conexión co aspecto científico da numismática antiga e da arqueoloxía clásica. De feito, en 1965 converteuse en profesor de Numismática Antiga da Universidade de Heidelberg e en 1971 foi nomeado profesor emérito. A partir de 1983 desenvolveu a súa actividade docente na Universidade de Friburgo.Boehringer, C. (2002) . Páxina 123.

Xunto con Karl Schefold e Otto Rubensohn, participou en 1956 na fundación da Sociedade dos Amigos da Arte Antiga (Vereinigung der Freunde Antiker Kunst) e en 1960 na mostra "Obras Mestras da Arte Grega" (Meisterwerke griechischer Kunst), celebrada en Basilea. Esta exposición foi o xermolo da fundación do Antikenmuseum Basel, na mesma cidade, que abriu as súas portas en 1966. De 1970 a 1986 foi membro do consello de dirección da Sociedade Suíza de Numismática (Schweizerische Numismatische Gesellschaft). Entre 1949 e 1964 foi redactor de Schweizer Münzblätter e, de 1981 a 1987, de Schweizerische Numismatische Rundschau.Boehringer, C. (2002) . Páxinas 122 e 124.

O seu principal foco de atención foi a numismática grega; os seus traballos sobre as moedas de Naxos e Cnido seguen a ser obras de referencia. Tamén é autor de publicacións noutras moitas áreas da numismática antiga, así como sobre vasos gregos e sobre outros aspectos da arte da Antigüidade. De xeito privado, Herbert Cahn coleccionou fragmentos de vasillas antigas e reuniu unha das coleccións máis grandes e importantes do mundo, que ofrece unha visión xeral da cerámica antiga.Boehringer, C. (2002) . Páxina 124.

Cahn foi un dos fundadores da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais en 1951 e tamén formou parte da Comisión Internacional de Numismática, de cuxo boletín foi o primeiro editor, en 1980.Boehringer, C. (2002) . Páxinas 125-126.

Vida familiar En 1949, Herbert Cahn adquiriu a nacionalidade suíza e casou con Mathilde Vögeli. A súa filla, Miriam Cahn, nada no mesmo 1949, é unha recoñecida artista visual;Sitio web de Miriam Cahn. o seu fillo, Jean-David Cahn, nado en 1961, continúa a tradición do seu pai traballando como anticuario en Basilea."Von Münzen zu Kunst aus der Antike ". En Basler Zeitung. 7 de novembro de 2013. Páxina 16.

Recoñecementos En 1985, co gallo do seu septuaxésimo aniversario, Herbert Cahn Foi obxecto da publicación dun libro de homenaxe publicado polo Círculo Numismático de Basilea.Schärli, B.; Voegtli, H. (red.) (1985).

Premios (1971): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1973): Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique, de París."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN). (1978): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt. (1983): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1995): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos."Otto Paul Wenger-Preis". En Numis Post.

Publicacións Herbert Cahn foi autor de numerosos artigos publicados en revistas numismáticas e arqueolóxicas da súa época, e tamén dalgúns traballos monográficos. Velaquí unha escolma das súas monografías máis salientables:"Cahn, Herbert A.". WorldCat."Cahn, Herbert Adolph 1915-2002 ". Digital Library Numis."Herbert A. Cahn (1915-2002). Bibliographie". Coingallery.de"Bibliographie Herbert A. Cahn, 1975-1984". En Antike Kunst. 28 (1985). Páxinas 5-6."Bibliographie Herbert A. Cahn, 1985-1995". En Antike Kunst. 38 (1995). Páxinas 66-67.Biucchi, C. (1975). "Schriftenverzeichnis Herbert A. Cahn 1929-1974". En Cahn, H. A. Kleine Schriften zur Münzkunde und Archäologie. Archäologischer Verlag, Basilea. Páxinas 8-14.Voegtli, H. (1985). "Bibliographie Herbert A. Cahn". En Schärli, B.; Voegtli, H. (red.) (1985). Páxinas XIII-XV.

(1944). Die Münzen der sizilischen Stadt Naxos. Ein Beitrag zur Kunstgeschichte des griechischen Westens. Birkhäuser, Basilea. (1945). Frühhellenistische Münzkunst. Amerbach, Basilea. (1947). Griechische Münzen archaischer Zeit. Amerbach, Basilea. (1970). Knidos. Die Münzen des 6. und des 5. Jahrhunderts vor Christus. de Gruyter, Berlín. (1975). Kleine Schriften zur Münzkunde und Archäologie. Archäologischer Verlag, Basilea.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Berghaus, P. (1994). "Herbert A. Cahn". En Numismatisches Nachrichten Blatt. 43, 2. Páxinas 31–32. Boehringer, C. (2002). "Herbert A. Cahn, Frankfurt am Main 28. Januar 1915 - 4. April 2002 Basel ". En Compte rendu. 49. International Numismatic Council. Páxinas 119-126. Flashar, M. (2002). "Archäologe aus Passion - Zum Tod von Herbert A. Cahn". En Badische Zeitung. 11 de abril. Hurter, S. (1995). "Gratulamur!". En Schweizer Münzblätter. 45. Páxina 1. Hurter, S.; Peter, M. (2002). "Zum Gedenken an Herbert A. Cahn". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 81. Páxinas 4-6. Koepplin, D. (2002). "Professor Herbert A. Cahn zum Gedenken". En Basler Zeitung. 86. 13/14 de abril. Páxina 31. Kreikenbom, M. (2015). "Das Projekt Herbert A. Cahn: Familien- und Firmengeschichte ". En Cahn’s Quarterly. 1. Páxina 3. Lezzi-Hafter, A. (2003). "Zum Gedenken an Herbert Cahn, 1915-2002". En Antike Kunst. 46. Páxina 3. Schärli, B.; Voegtli, H. (red.) (1985). Festschrift Herbert A. Cahn. Zum 70. Geburtstag gewidmet und herausgegeben vom Circulus Numismaticus Basiliensis. Basilea. Voegtli, H. (2002). "Prof. Dr. Herbert A. Cahn". In International Numismatic Newsletter. 39. Páxina 19. Voegtli, H. (2003). "Bibliographie Herbert A. Cahn, 1995-2002". En Antike Kunst. 46. Páxina 4. Wartenberg, U. (2002-a-). "Herbert A. Cahn, 1915-2002 ". En ANS Magazine. 1, 2. American Numismatic Society. Páxina 33. Wartenberg, U. (2002-b-). "Herbert A. Cahn, 1915-2002". En The Celator. 16, 9. Páxina 32. Willers, D, (1995). "Herbert A. Cahn achtzigjährig, Karl Schefold neunzigjährig". En Antike Kunst. 38. Páxinas 63-64

Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nados en Frankfurt Categoría:Numismáticos de Suíza Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Arqueólogos de Suíza Categoría:Arqueólogos de Alemaña Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Alumnos da Universidade de Frankfurt Categoría:Alumnos da Universidade de Basilea Categoría:Profesores da Universidade de Heidelberg Categoría:Profesores da Universidade Albert Ludwig de Friburgo Categoría:Suízos de ascendencia alemá Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Galardoados co premio Otto Paul Wenger