Ana Freire Veiga, nada en Rábade en 1983, é unha enxeñeira informática profesora na Universidade Pompeu Fabra onde dirixe o Centro de Estudos pola Sostenibilidade. É a fundadora de Wisibilízalas.

Traxectoria Ana Freire é enxeñeira e doutora en informática pola Universidade da Coruña. Traballou en diversas institucións e empresas, como a Universidade de Glasgow, o Centro Nacional de Investigación de Italia ou o Yahoo Labs. Dende setembro de 2015 é profesora e investigadora na UPF, onde dirixe o Centro de Estudos pola Sostenibilidade.

Coa súa investigación pretende aplicar a tecnoloxía en xeral e a intelixencia artificial en particular a problemas sociais, como a saúde mental. Lidera o proxecto STOP (Suicide prevenTion in sOcial Platforms) cuxo obxectivo é detectar enfermedades mentais nas redes sociais. Tamén traballa analizando datos que permitan entender mellor algunhas enfermidades neurolóxicas, como a esclerose múltiple.

É a fundadora de Wisibilízalas, un concurso internacional que pretende rachar cos estereotipos asociados ás carreiras científicas e tecnolóxicas, potenciar referentes femeninos entre o alumnado e promover o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo.

Recoñecemento

Premio Joven Talento Femenino 2019 da Fundación Real Academia de las Ciencias. Premio Ada Byron Joven 2019 da Universidade de Deusto. Premio Ada Byron do CPEIG en 2021.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

ICT-Go-Girls! Ana Freire

Categoría:Nados en Rábade Categoría:Nados en 1983 Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Profesores da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Enxeñeiros informáticos