Raquel Yotti Álvarez, nada en Madrid, 1973, é unha cardióloga española. Investigadora clínica do Sistema Nacional de Saúde e experta en imaxe cardíaca e cardiopatías de base xenética. Desde agosto de 2018 dirixe o Instituto de Saúde Carlos III.

Traxectoria Raquel Yotti é licencida en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid, foi bolseira FPI do ISCIII entre 2003 e 2006.Perfil de Raquel Yotti, en la web Dialnet, consultada o 21 de abril de 2020. Doutora en Medicina pola UCM desde 2006.Gradientes de presión intraventricular estimados mediante ecocardiografía Doppler, en el portal Dialnet, consultado o 21 de abril de 2020.

Desde 2009 dirixiu no ISCIII unha liña de investigación para profundar no diagnóstico das miocardiopatías. Xefa de Sección de Cardiología Clínica do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón desde 2016, é profesora asociada no Departamento de Bioenxeñería da Universidade Carlos III de Madrid desde 2017. Ese ano foi tamén profesora visitante no Departamento de Xenética da Facultade de Medicina da Universidade de Harvard. Desde agosto de 2018 dirixe o Instituto de Saúde Carlos III.

Pasou a formar parte do «comité de expertos» en asesoramento ao Goberno durante a crise do COVID-19.

Estudo de seroprevalencia COVID-19 Con motivo da pandemia por coronavirus COVID-19, en abril de 2020 o Instituto de Saúde Carlos III, dirixido por Raquel Yotti, en colaboración con outros organismos públicos como INE ou o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES), programouse un estudo de seroprevalencia en 32.000 fogares españois, para coñecer o estado da enfermidade mediante unha enquisa a 64.000 persoas.

O 4 de xuño de 2020 fixéronse públicos os resultados da segunda onda do estudo de seroprevalencia coordinado polo ISCIII, estudo que confirmaba que a porcentaxe de españois que pasou a infección apenas cambiara dúas décimas porcentuais. A prevalencia estimada era do 5,2%, fronte ao 5% da primeira onda, dato que se presentou o 13 de maio de 2020.

Notas

 Véxase tamén

Ligazóns externas

Las científicas del coronavirus. Raquel Yotti

Categoría:Científicos de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid