Naseeruddin Shah (en , en ), nado en Barabanki o 20 de xullo de 1950 é un actor e director de cinema indio. Tivo éxito no cinema de Bollywood, no cinema internacional e no cinema alternativo indio. Recibiu numerosos premios ao longo da súa carreira, incluído un premio no Festival de Venecia. En 2004 o goberno da India outorgoulle o premio Padma Bhushan polas súas contribucións ao cinema da India.

Traxectoria Shah naceu en Uttar Pradesh nunha familia musulmá orixinaria de Meerut. É descendente do caudillo afgán Jan Fishan Khan. Graduouse en artes na Aligarh Muslim University e asistiu á Escola Nacional de Arte Dramática en Delhi.

Debutou como actor en Nishant (1975) con Shabana Azmi. A principios da súa carreira traballou con frecuencia co director Shyam Benegal, actuando en Manthan (1976), Bhumika (1977), Junoon (1978) e Trikaal (1985). Na década de 1980 gañou un Premio National Film ao mellor actor polo seu papel en Sparsh (1980) e actuou en Umrao Jaan (1981) coa actriz Rekha. Un filme de menor orzamento, Bombay Boys (1997), tivo como protagonistas a Shah e Naveen Andrews.

Shah recibiu boas críticas polo seu papel dun cantante de ghazal no filme comercial de Bollywood Sarfarosh (1999). Tamén actuou en filmes internacionais como Monsoon Wedding, The League of Extraordinary Gentlemen e Today's Special.

Vida persoal Na década de 1970, Shah coñeceu a Ratna Pathak, filla da respectada actriz Dina Pathak. Durante as décadas de 1970 e 1980, Naseeruddin Shah e Ratna Pathak coprotagonizaron varios filmes, incluídos Mirch Masala e The Perfect Murder.

A parella ten dous fillos, Imaad e Vivaan, ambos actores.

Filmografía + Como actor Ano Filme Papel Notas 1975 Nishant Vishwam 1976 Manthan Bhola 1977 Bhumika Sunil Verma Tabbaliyu Neenaade Magane Shastri 1978 Junoon Sarfaraz Khan 1979 Sparsh Anirudh Parmar 1980 Aakrosh Bhaskar Kulkarni Albert Pinto Ko Gussa Kyon Aata Hai Albert Pinto Bhavni Bhavai Maraxá Dhiraj Chandrasen 1981 Chakra Looka La Umrao Jaan Gohar Mirza 1982 Bazaar Salim 1983 Jaane Bhi Do Yaaro Vinod Chopra Katha Rajaram Purshotam Joshi MasoomD.K. Malhotra Woh 7 Din Dr. Anand 1984 Paar Naurangia Mohan Joshi Hazir Ho! Malkani Holi Profesor Singh 1985 Ghulami SP Sultan Singh Trikal Ruiz Pereira Mirch Masala Subedar 1986 Karma Khairuddin Chishti 1987 Jalwa Inspector Kapil Tamas Telefilme Ijaazat Mahender 1988 Hero Hiralal Hero Hiralal Maalamaal Rajkumar Saxena Pestonjee Pirojshah Pithawala The Perfect Murder Inspector Ghote 1989 Tridev Jay Singh 1991Ek Ghar 1992 Vishwatma Suryapratap Singh Electric MoonRambuhj Goswami Chamatkar Amar Kumar 1993Kabhi Haan Kabhi NaaFather Briganza SirAmar Verma 1994Ponthan MadaSeema ThampuranMohraJindal 1995Naajayaz Raj Solanki1996Chaahat Ajay Narang 1998Bombay Boys MastanaChina GateSarfaraz Khan Such a Long JourneyJimmy Bilimoria1999Sarfarosh Gulfam Hassan2000Hey Ram Mahatma Gandhi2001Monsoon Wedding Lalit Verma 2003The League of Extraordinary Gentlemen Capitán NemoMaqbool Inspector Purohit3 Deewarein Ishaan Mirza2004Main Hoon Na Shekhar Sharma 2005Paheli NarradorIqbal Mohit 2006Banaras BabajiBeing Cyrus Dinshaw Sethna Krrish Dr. Siddhant AryaOmkara Bhaisaab 2005Paheli NarradorIqbal Mohit 2007Parzania CyrusAmal G.K. Jayaram Khuda Kay Liye Maulana WaliDus Kahaniyaan Shah 2008Shoot on Sight Comandante de policía Tariq AliJaane Tu... Ya Jaane Na Amar Singh RathoreA Wednesday! O home da rúaMaharathi Jaisingh Adenwalla Mithya Gavde 2009Barah Aana ShuklaFiraaq Khan sahibToday's Special Akbar 2010Ishqiya Khalujan/Khalu/IftikharRajneeti Bhaskar SanyalThat Girl in Yellow Boots 2011The Hunt CoronelSaat Khoon Maaf

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en Uttar Pradesh Categoría:Nados en 1950 Categoría:Actores de cinema da India Categoría:Directores de cinema da India