O limago (Hygrophorus latitabundus) é unha especie de fungo do xénero Hygrophorus. Atópase polos montes de piñeiro europeos, con preferencia por solos calcarios. Abrolla en outono producindo grandes cogomelos comestíbeis con chapeus e pés viscosos.

Descrición esquerda|miniatura|200x200px|Vista do pé e lamelas do H. latitabundus. Os corpos frutífero dos limagos son agáricos e anchos. O chapeu é convexo e lixeiramente umbonado, de cor acastañada agrisada e olivácea cun centro cun marrón máis escuro. Está cuberta por unha característica capa pegañenta de mucilaxe, especialmente en ambientes húmidos. As marxes enrólanse cara a dentro. O diámetro do sombreiro pode chegar aos 15 cm, e cando madura, acháiase. As lamelas son brancas e grosas, separadas, adnatas e decorrentes debilmente no talo.

O estipe é branco e alto, fusiforme, groso e robusto. Posúe numerosas especies de escamas brancas e está cuberto cunha capa grosa de mucilaxe. Estas escamas tenden a volverse acastañadas e esténdense desde a base até unha certa altura, formando unha especie de anel. Por riba, o pé é branco e tórnase visibelmente máis fino. O estipe ten uns 15 cm de alto e 2–4 cm de largo.

A carne é branca e firme, cun ulido fúnxico e gusto agradábel. Unha axuda de identificación é a reacción química da carne do pé cando se lle aplica amoníaco. Nesta especie, a carne tórnase laranxa enferruxado, e logo marrón, na base, e amarelo ocre na parte superior.

Comestibilidade O limago considérase un bo fungo comestíbel. É recollido e comercializado para o consumo en España, particularmente na rexión catalá, onde é coñecido como llenega negra.

Hábitat e distribución Hygrophorus latitabundus atópase en bosques de coníferas, formando relacións ectomicorrizais exclusivamente con piñeiros (Pinus). O fungo aflora en outono, mostrando unha preferencia por terras calcarias. Este suceso dáse pouco, mais é abundante alí onde se dá.

A súa distribución abrangue Europa do sur e central, comprendendo Austria, Alemaña, Francia, Italia, Eslovenia e España. Tamén se dá por Macedonia, Grecia e Turquía.

Especie similar Entre as moitas especies do xénero Hygrophorus, hai algunhas que se poden confundir co limago.

O corpo frutífero do H. persoonii ten unha aparencia similar, mais atópase só reducido a montes caducifolios de carballos (Quercus) e faias (Fagus). A súa carne tórnase verdosa co amoníaco. H. olivaceoalbus é unha especie menos robusta que posúe normalmente unha banda escura e rugosa no pé, e dáse con piceas (Picea), frecuentemente en pantanos. A súa carne tórnase laranxa vermello co amoníaco.

Sinonimia

Hygrophorus olivaceoalbus f. obesus Bres. Hygrophorus olivaceoalbus var. obesus (Bres.) Rea Hygrophorus limacinus sensu Kühner & Romagnesi

Notas

Categoría:Fungos comestibles