Un arquifonema é o conxunto de trazos comúns a dous fonemas dunha oposición que se neutraliza nun determinado contexto
En fonoloxía a neutralización consiste na eliminación da oposición (diferenza) entre dous fonemas nun determinado contexto, de maneira que foneticamente soen igual, aínda que se trate da realización de dous fonemas distintos. É un termo introducido por Trubetzkoy
Un dos exemplos máis evidentes de arquifonema na lingua galega dáse no sistema vocálico átono. O galego posúe sete vogais en posición tónica:
miniatura|320px|Vocalismo tónico do galego
/i/: fonema vocálico anterior pechado /e/: fonema vocálico anterior semipechado /ɛ/: fonema vocálico anterior semiaberto /a/: fonema vocálico medio aberto /ɔ/: fonema vocálico posterior semiaberto /o/: fonema vocálico posterior semipechado /u/: fonema vocálico posterior pechado.
mais en posición átona postónica este sistema redúcese a cinco vogais porque se neutraliza a oposición que hai entre /e/ e /ɛ/ e entre /ɔ/ e /o/
miniatura|320px|Vocalismo átono do galego
/i/: fonema vocálico anterior pechado /E/: arquifonema vocálico anterior de abertura media /a/: fonema vocálico medio aberto /O/: arquifonema vocálico posterior de abertura media /u/: fonema vocálico posterior pechado.
"Neutralizarse a oposición" significa que o emprego dun son, por exemplo [o] ou [ɔ], non provoca nunca variación no significado nun contexto determinado, mentres que noutro contexto, neste caso en posición átona, si o provoca: oso / óso, pola / póla.
Arquifonemas da lingua galega Obsérvese que os arquifonemas se escriben con maiúscula /E/ /O/ /R/
Categoría:Fonoloxía