Pere Gimferrer Torrens, nado en Barcelona o 22 de xuño de 1945, é un poeta, prosista, crítico literario e tradutor catalán e español. A súa obra literaria está composta tanto de obras en castelán como en catalán. Foi elixido membro da Real Academia Española en 1985. Premio Nacional das Letras Españolas en 1998.
Escritor Galego Universal, nomeado pola AELG en 2016.
Traxectoria Inicia a súa actividade como poeta con Mensaje del Tetrarca (1963). Séguenlle Arde el mar (Premio Nacional de Poesía, 1966) e La muerte en Beverly Hills (1968) e Extraña froita y otros poemas (1969). En 1968 foi incluído na Antología de la nueva poesía española. Naquela época reivindicaba as influencias de autores vivos que coñecía persoalmente, como Vicente Aleixandre e Octavio Paz, así como os exemplos lidos de Lautréamont, Federico García Lorca e Wallace Stevens.
En 1970 escribiu e publicou Els miralls, o seu primeiro libro de poesía en catalán, que pronto foi seguido por Hora foscant (1972) e Foc cec (1973). É esta unha poesía discursiva, metaliteraria, que ensaia enlazar o Barroco e as vangardas. Explora as tenues fronteiras entre realidade real e realidade artística. En 1981 recompilou toda a súa obra anterior en Mirall, espai, aparicions, que incluía un libro novo, Aparicions. Posteriormente publicou El vendaval (1989) e A llum (1991), nas cales domina a nota visual, o epigrama. Mascarada (1996) é un longo poema unitario no cal, cun transfondo parisiense (paisaxe e referencias literarias), insiste en temas da experiencia amorosa, chegando a extremos de crueza e provocación. En L'agent provocador (1998), as prosas poéticas son unha reflexión sobre como o eu se fai autoconsciente na escritura, o paso do eu activo ao eu reflexivo, combinado con detalles autobiográficos. No ano 2000 Visor editou Poemas (1962-1969), recompilación de toda a poesía orixinariamente escrita en castelán.
Tamén foi autor de obra en prosa, como o Dietari. 1979-1980 (1981) e Segon dietari. 1980-1982 (1982), recompilacións dos artigos publicados no xornal barcelonés El Correo Catalán. Hai unha serie de temas recorrentes: a actitude de rexeitamento e de silencio que caracteriza os intelectuais en determinados momentos da historia; a crítica do poder e a política; o poeta e o artista en aprendizaxe constante; a vontade de definir o momento cultural catalán; as evocacións persoais literarias, artísticas, cinematográficas.
Tamén escribiu unha novela, Fortuny (1983), premio Ramón Llull e premio Joan Crexells.
O 15 de outubro de 2009 durante a entrega do Premio Planeta, na que el forma parte como xurado, tivo un repentino desmaio polo que tivo que ser trasladado ao hospital.
Obra
Poesía
1963: Mensaje del Tetrarca 1966: Arde el mar 1968: La muerte en Beverly Hills 1969: Extraña fruta y otros poemas 1970: Els miralls 1972: Hora foscant 1973: Foc cec 1977: L'espai desert 1981: Mirall, espai, aparicions : poesia (1970-1980) . Inclou Aparicions i Com un epíleg. 1988: El vendaval 1991: La llum 1996: Mascarada 1997: Obra catalana completa, 1: poesia 1999: Antologia poètica 2000: Poemas (1962-1969) 2001: El diamant dins l'aigua 2006: Amor en vilo 2008: Tornado 2011: Rapsodia 2012: Alma Venus 2014: El castell de la puresa 2014: Per riguardo 2016: Marinejant 2016: No en mis días 2018: Las llamas
Narrativa
1983: Fortuny 1996: Obra catalana completa, 4: figures d'art 2001: La calle de la guardia prusiana
Ensaio
1974: La poesia de J.V. Foix 1974: Antoni Tàpies i l'esperit català 1977: Max Ernst o la dissolució de la identitat 1978: Miró: colpir sense nafrar 1981: Dietari (1979-1980) 1982: Segon dietari (1980-1982) 1983: Lecturas de Octavio Paz 1985: Los raros 1985: Cine y literatura 1986: Perfil de Vicente Aleixandre 1988: Giorgio De Chirico 1993: Valències 1993: Les arrels de Miró 1996: L'obrador del poema 1996: Obra catalana completa, 3: dietari complet, 2 1997: Obra catalana completa, 2: dietari complet, 1 1997: Obra catalana completa, 5: assaigs crítics 1998: L'agent provocador 2006: Interludio azul
Traducións
Do francés ao catalán:
1979 : Llorens Artigas de Pierre Courthion 1981 : La cartoixa de Parma de Stendhal 1982 : Contes filosòfics de Voltaire 1982 : L'educació sentimental de Gustave Flaubert amb Miquel Martí i Pol
Do italiano ao castelán:
1976 : Arquitectura de Sert a la Fundació Miró de Bruno Zevi
Do catalán ao castelán:
1968 : Teatro de Joan Brossa 1978 : Obra poètica d'Ausiàs March 1979 : Mujeres y días de Gabriel Ferrater (amb José Agustín Goytisolo i José María Valverde) 1982 : Curial y Güelfa (anònim) 1989 : Espejo roto de Mercè Rodoreda
Outros
2009: Prólogo á edición de bibliófilo do "Llibre de Meravelles" de Ramon Llull, editado por l'Enciclopèdia Catalana.
Premios
Premio Nacional de Poesía (España) (1966 e 1989) Premio Internacional de Ensaio Gertrude Stein (1974) Premio Josep Carner do Institut d’Estudis Catalans (1974 e 1977) Premio Lletra d’Or (1977) Premio Anagrama de ensaio (1980) Premio da Xeneralitat (1981, 1989 e 1997) Premio Cidade de Barcelona (1981 e 1989) Premio da Crítica Serra d’Or (1982, 1984 e 1989) Premio Joan Crexells (1983) Premio Ramon Llull de novela (1983) Premio da Crítica de narrativa catalá (1983) Chave de Barcelona (1986) Premio da Crítica de poesía catalá (1988) Premio Cavall Verd (1988) Premio Mariano de Cavia (1992) Premio Liberdade do Centro Internacional de Paz de Saraievo (1995) Premio Nacional de Literatura de Cataluña (1997) Premio Nacional das Letras Españolas (1998) Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2000) Premio Rosalía de Castro, Centro PEN Galicia. Premio Internacional de Poesía e Ensaio Octavio Paz (2006) Premio Terenci Moix (2007) Premio Cavall Verb da Asociación de Críticos Españois Cruz de San Jorge de Cataluña Premio Paquiro do Cultural do Mundo (2010) AELG: Escritor Galego Universal (2016) Premio Internacional de Poesía Cidade de Granada Federico García Lorca (2017)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Pere Gimferrer na Asociación de Escritores en Lingua Catalá. Web en castelán, catalán e inglés. Páxina dedicada a Pere Gimferrer, en lletra, o espazo de literatura catalá da Universitat Oberta de Catalunya, en castelán.
Àlbum Pere Gimferrer A web page that explores the poetics of Pere Gimferrer's many voices and personalities . Unha boa páxina sobre este autor (en catalán e español).
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1945 Categoría:Premio Nacional das Letras Españolas Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Poetas en lingua catalá Categoría:Tradutores ao catalán Categoría:Escritores en lingua castelá