O Dornier Do 228 é un avión utilitario con dous motores turbohélices e capacidade STOL, deseñado e fabricado inicialmente por Dornier GmbH (despois DASA Dornier e Fairchild-Dornier) dende 1981 ata 1998. 245 fabricáronse en Oberpfaffenhofen, Alemaña. En 1983 Hindustan Aeronautics (HAL) mercou unha licenza de fabricación e produciu outros 125 aparellos en Kanpur, India. En xullo de 2017 aínda quedaban 63 aparellos en servizo.
En 2009 RUAG comezou a fabricar un Dornier 228 New Generation en Alemaña. A fuselaxe, as ás e a unidade de cola son fabricadas por Hindustan Aeronautics Limited (HAL) en Kanpur, India, e transportadas ata Oberpfaffenhofen, onde RUAG Aviation realiza a montaxe final dos aparellos. O Do 228NG usa a mesma estrutura con tecnoloxías melloradas e mellores rendementos, como unhanova hélice de cinco pas, cabina de cristal e un maior alcance. A primeira entrega realizouse en setembro de 2010 a un operador xaponés. En setembro de 2020 RUAG vendeu o programa Do 228 a General Atomics.
Notas
Categoría:Aeronaves de Dornier Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1981