O castelán ecuatoguineano é a variedade do castelán que se fala en Guinea Ecuatorial. na zona de África Central. De acordo co Instituto Cervantes, en 2006-2007, o 13,7% da poboación tiña un dominio nativo ou case-nativo e o 74% falábao ben, sumando un 87,7% da poboación total do país, sempre como segunda lingua. O castelán ecuatoguineano está regulado pola Academia Ecuatoguineana da Lingua Española.
O castelán é oficial en Guinea Ecuatorial dende a súa independencia, xunto co francés (dende 1998), e máis recentemente xunto co portugués (dende 2007), mais o castelán é a lingua máis falada.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Penny, Ralph (2002) . A History Of The Spanish Language (2 ed.). John M. Lipski. "The Spanish of Equatorial Guinea: research on la hispanidad's best-kept secret" (PDF) . Personal.psu.edu. Consultado 2015-05-20.
Categoría:Linguas de Guinea Ecuatorial Categoría:Dialectos do castelán