Super Aguri Formula One, tamén coñecida como Super Aguri F1 ou Super Aguri, foi unha escudería de Fórmula 1 xaponesa, que participou na categoría durante tres tempadas, desde até . Foi fundada polo expiloto xaponés de F1 Aguri Suzuki, que exercía de Xefe de Equipo, sendo Mark Preston o Director Técnico e Paul Bowen o Enxeñeiro Xefe. Con sede social en Tokyo, Xapón, posúe a fábrica e as antigas instalacións de Arrows en Leafield Super Aguri quere usar monoprazas de Arrows, en gp.update.net, no condado de Oxfordshire do Reino Unido.
Formada co apoio de Honda, estaba considerada como unha especie de equipo B non oficial . Esta subminístralle os motores dos monoprazas, e dálle certa cobertura financeira en momentos necesarios e puntuais, como no pago dos 48 millóns de dólares necesarios para o ingreso da escudería na competición .
O día 6 de maio de 2008, Aguri Suzuki confirmou a retirada da escudería da competición con efectos inmediatos por motivos económicos. Logo de dous días, Super Aguri foi posta en mans de administradores independentes, co obxectivo de atoparen un comprador.
Historia
A creación da escudería
Pouco antes do remate da tempada de 2005, concretamente a principios de outubro, comezaron a xurdir certos rumores sobre a posibilidade de que algúns equipos poderían estar preparando escuderías B, aludindo á intención de Red Bull Racing da establecer un novo equipo de promesas que logo cristalizaría na Scuderia Toro Rosso, ou a posíbeis pactos entre Direxiv e McLaren Rumores de pacto entre Direxiv e McLaren para crearen unha segunda escudería , ou, no caso de Honda, con Super Aguri Creará Honda un equipo B? Está Super Aguri detrás do 11º equipo?, que aínda que non tiña experiencia na Fórmula 1, si que a tiña noutras competicións, por exemplo coa escudería Super Aguri Fernández Racing da IRL.
Por outra banda, despois de que BAR, que tras ser mercada na súa totalidade por Honda remataba a súa andaina na Fórmula 1, decidira prescindir de Takuma Sato semellaba que este piloto non ía conseguir un asento titular en ningunha escudería en competición para a tempada de 2006. Debido á gran popularidade e cariño co que este piloto conta no seu país natal, o Xapón, os seareiros comezaron a meter presión a Honda, tamén xaponesa, para que esta lle renovase o contrato, ou que polo menos lle buscase un posto de piloto titular . Porén, Honda xa tiña cubertos os seus dous postos con Jenson Button e con Rubens Barrichello.
Pouco despois da confimación de Honda de que estes ían se-los seus pilotos titulares, Sato anunciaba que lle chegara unha oferta para o equipo B Sato recibe unha oferta para o equipo B de Honda, do que a esas alturas aínda non se sabía apenas nada, excepto certos asentimentos do proxecto por parte de Nick Fry Nick Fry: "Posíbel 11º equipo en Fórmula 1", Xefe de Equipo de Honda Racing.
O 1 de novembro de 2005, 15 días antes do remate do prazo de inscrición para a tempada do ano seguinte, Aguri Suzuki convocaba unha rolda de prensa na que se facía a presentación do equipo e se comunicaba a intención de que Super Aguri, respaldada por Honda, formase parte das grellas de saída de 2006 A presentación de Super Aguri, en grandprix.com. Pero a escudería non figuraba na lista definitiva de confirmación de participantes publicada pola FIA Lista de participantes de 2006 da FIA , feita pública o día 1 de decembro, debido a que os 48 millóns de dólares non chegaran a tempo antes da data límite Falta Super Aguri, en grandprix.com.
Isto deixaba á escudería xaponesa nunha situación bastante complicada, aínda que restaba unha segunda oportunidade, o ingreso mediante o beneplácito unánime do resto das escuderías en competición e por suposto, o posterior aboamento dos 48 millóns de dólares necesarios. O día 21 de decembro, confirmábase dende a escudería de Aguri Suzuki que se conseguiran os 10 asinamentos dos demais equipos Aguri Suzuki confirma que ten os 10 asinamentos, en grandprix.com, e o 26 de xaneiro de 2006 a FIA comunicaba oficialmente que Super Aguri cumprira cos dous requisitos e a súa inscrición na competición A FIA confirma a inscrición de Super Aguri para 2006, en f1racing.net . Porén, houbo moitas dificultades na recolección de asinamentos, pois Renault e Ferrari opuxéronse inicialmente, retirando as súas trabas pouco despois , Williams esixía probas de que ía ser un equipo estábel , e Midland negábase incondicionalmente case até o final. Williams quere "unha proba" de Super Aguri, en f1racing.net
Tempada de 2006: Comezos difíciles
A tempada de 2006 presentábaselle moi complicada para Super Aguri, principalmente por dous motivos: a inexperiencia da escudería na Fórmula 1 e o pouco tempo restante para deseñar e construír xa non un monopraza competitivo, senón simplemente un chasis.
De feito, o día seguinte á confirmación de que tiñan os 10 asinamentos, dende Super Aguri admitíase que non lles daría tempo a ter un monopraza novo dispoñíbel para o primeiro Gran Premio da tempada Super Aguri: "O coche non estará listo para o primeiro GP", en f1racing.net. Polo tanto, pensaron en dúas solucións, ou empregaren uns chasis da tempada de 2005 cedidos por Honda (os BAR Honda 007) ou mercaren os monoprazas dunha escudería que xa non estivese en liza e adapta-lo chasis á normativa actual.
A primeira opción, a do Bar Honda 007, ficaba descartada axiña, pois o Pacto da Concordia establecía que unha escudería debía posuír a propiedade intelectual sobre o seu chasis ou que os posuíse unha escudería que xa non competise . Restaba a opción de mercar uns monoprazas antigos para adapta-lo chasis, que foi a que se tomou finalmente, mercándolle a Paul Stoddart, ex-propietario de Minardi e coleccionista de coches, un Arrows A23 de 2002 Super Aguri: "O SA05 é diferente ó Arrows", en f1racing.net, que tras ser adaptado, deu como resultado o Super Aguri SA05, equipado cun motor Honda RA806E 2.4 V8 e con pneumáticos Bridgestone, que se utilizaría até que rematasen de construír un chasis novo.
O día 15 de febreiro facíanse públicos os pilotos oficiais que ían conducir para Super Aguri, en principio para toda a tempada, Takuma Sato e Yuji Ide, ámbolos dous xaponeses. Super Aguri confirma os seus pilotos para 2006, en f1racing.net, sendo o francés Franck Montagny o terceiro piloto. O 14 de febreiro, o Super Aguri SA05 debutaba en adestramentos libres no Circuíto de Kemble, Reino Unido Super Aguri debuta en Kemble, en gpupdate.net; e 14 días despois desvelábanse nuns tests en Silverstone as cores coas que a escudería ía competir nesta tempada, o vermello e o branco Super Aguri desvela as súas cores para o 2006, en f1racing.net. Nos tests anteriores, o monopraza sempre corría de totalmente pintado de branco.
O comezo da tempada en marzo foi moi titubeante, con Sato rematando a carreira no derradeiro posto dos que completaran a quilometraxe completa da carreira, e Ide retirándose por problemas mecánicos en ámbalas dúas carreiras. No terceiro Gran Premio, os dous pilotos foron capaces de completaren a distancia de carreira, notándose unha leve melloría no rendemento do monopraza.
Pero a cuarta carreira da tempada, o Gran Premio de San Marino trouxo un golpe moi duro para Ide, pois na primeira volta tivo unha colisión con Christijan Albers que fixo que o holandés tivese que retirarse. Este accidente fixo que os comentarios sobre a inexperiencia do piloto xaponés Aguri: "Ide continúa, por agora", en gpupdate.net cristalizasen na cesión do seu posto como piloto titular a Montagny o 5 de maio , seguindo Super Aguri o consello recibido neste asunto pola Federación Internacional do Automóbil Montagny substituirá a Ide, en f1racing.net . Cinco días despois, a Superlicenza de Ide sería revogada Ide quédase sen Superlicenza de Fórmula 1, en f1racing.net. , polo que non pode correr de novo nun monopraza de Fórmula 1 até 2007 .
300px|miniatura|dereita|Franck Montagny a bordo do Super Aguri SA06. No Gran Premio de Europa, Super Aguri contou por primeira vez cun terceiro monopraza no adestramento libre do venres, pilotado por Montagny Super Aguri preparada para usa-lo terceiro monopraza, en f1racing.net . Até esa carreira, era a única escudería, das que tiñan permiso para utilizalo, que non facía correr o seu terceiro coche .
O Gran Premio de Alemaña marcou un novo punto de inflexión na tempada da escudería, pois sería o primeiro no que o SA06 co mesmo motor que o seu predecesor, participaría . Aínda que sen ser quen de remata-la quilometraxe establecida, impresionou grazas ós postos acadados na cualificación, na que superou os monoprazas de Midland. Inicialmente o seu debut estaba planificado para o Gran Premio anterior, o de Francia Super Aguri estreará o SA06 en Alemaña, en f1racing.net . Ademais, en Alemaña Montangy deixoulle o posto de segundo piloto titular ó xaponés Sakon Yamamoto, quen sería o condutor que remataría a tempada.
Nos seguintes Grandes Premios, o rendemento do Super Aguri mellorou, chegando Sato a acadar a décima posición en Brasil, o derradeiro da tempada, onde Yamamoto logrou a sétima mellor volta en carreira, a menos dun segundo da volta rápida. A nota negativa desta segunda metade da tempada foi a descualificación de Sato en China por ignora-las bandeiras azuis que sinalan que un piloto está a piques de ser dobrado .
A tempada 2006 rematou con esta escudería no undécimo e derradeiro posto da cualificación de escuderías, con 0 puntos, igual que os seus catro pilotos durante ese ano. Sato remataría vixésimo terceiro, Ide vixésimo cuarto, Montagny vixésimo quinto e Yamamoto vixésimo sexto.
Tempada de 2007: Chegan os primeiros resultados
300px|miniatura|dereita|Anthony Davidson conducindo o SA07 no Gran Premio de Bahrain de 2007. Os plans para o 2007 de Super Aguri, comezaban a desvelarse o 15 de novembro de 2006, cando se anunciaba que os pilotos titulares serían Takuma Sato e Anthony Davidson, antigo terceiro piloto de Honda Davidson correrá para Super Aguri en 2007, en f1racing.net. Ademais, o 17 de decembro de 2006 confirmouse que o piloto holandés Giedo van der Garde foi contratado como terceiro piloto para o ano 2007 Super Aguri ficha a Van der Garde como terceiro piloto, en f1racing.net, e nove días despois confirmábase a Sakon Yamamoto no posto de segundo piloto de probas Yamamoto será o segundo probador de Super Aguri, en f1racing.net
A finais de xaneiro, comezaron a chegar malas novas para Super Aguri, xa que o día 22, se confirmaba que o Super Aguri SA07 non pasara o primeiro crash test da FIA Super Aguri, forzado a atrasa-la presentación do SA07 necesario para competir cando a parte traseira do monopraza se esnaquizou máis do permitido , o que ocasionou un redeseño que demorou a presentación do coche até dous días antes dos primeiros adestramentos libres da tempada. Así mesmo, o día 2 de febreiro, Spyker F1 confirmaba a Van Der Garde como piloto probador ante as protestas de Super Aguri, os cales afirmaban ter un contrato válido Super Aguri:Temos un contrato válido con Van Der Garde , provocando así a primeira das batallas legais Super Aguri tomará accións legais contra Spyker entre as dúas escuderías, que previsibelmente será continuada por mor dos dereitos de propiedade intelectual do SA07, xa que Spyker afirma que pertencen a Honda e polo tanto non poden utiliza-lo monopraza Spyker, preparado para denuncia-la fraude .
Xa sobre a pista, o rendemento do SA07 permitiu á escudaría atinxir mellores resultados dos esperados, amosando a súa capacidade cando na cualificación do GP de Australia, o primeiro do ano, lograron pasa-lo primeiro corte e rematar Davidson 10º e Sato 11º. No GP de España Takuma Sato conseguiu o primeiro punto na historia de escudaría cando acadou o oitavo posto, resultado que se vería mellorado no GP do Canadá cando Sato de novo finalizou sexto, conseguindo outros tres puntos.