Carme Valls Llobet, nada en Barcelona o 21 de maio de 1945 é unha política e médica española, especializada en endocrinoloxía e medicina con perspectiva de xénero. Dirixe o programa «Muller, Saúde e Calidade de Vida» no Centro de Análise e Programas Sanitarios (CAPS). Entre 1999 e 2006 foi deputada no Parlamento de Cataluña na V e VI lexislaturas polo Partido dos Socialistas de Cataluña - Ciutadans pel Canvi.
A súa reivindicación máis importante é a inclusión das diferenzas entre homes e mulleres no deseño e análise de estudos sobre patoloxías e tratamentos.
Traxectoria Licenciada en Medicina pola Universidade de Barcelona, de 1962 a 1968 foi delegada do seu curso, elixida democráticamente, e en 1966 participou na fundación do Sindicato Democrático de Estudantes da Universidade de Barcelona, acto coñecido como caputxinada.Diputados del Parlament de Catalunya en la VI Legislatura p. 297
Dirixe o programa "Muller, Saúde e Calidade de Vida" no Centro de Análise e Programas Sanitarios (CAPS) ONG da que é membro desde 1983 e da que é vicepresidenta. A organización ten como obxectivo investigar e pór en evidencia as diferenzas de xénero na saúde e nos servizos sanitarios, así como proporcionar ás mulleres o acceso á información e aos recursos para mellorar a súa calidade de vida. Foi profesora na Universidade de Barcelona da materia «Mulleres e homes: epidemioloxía das diferenzas».
Presidenta da Fundación Cataluña Século XXI e deputada do Parlamento de Cataluña polo PSC-Ciutadans pel Canvi ás eleccións no Parlamento de Cataluña de 1999 e 2003.
Medicina con perspectiva de xénero Valls defende a introdución da Ciencia da Diferenza nos estudos universitarios das Ciencias da Saúde, Medicina, Enfermaría e Psicoloxía. Foi pioneira en España en expor a alerta no terreo da investigación médica sobre as diferenzas en mortalidade e morbilidade entre mulleres e homes seguindo a liña de traballo de Lois Verbrugge da Universidade de Míchigan e dun movemento internacional de investigadores que na década dos 90 impulsou a inclusión das mulleres nos ensaios clínicos e o rigor científico aplicado ao estudo dos problemas máis habituais nas mulleres.
Foi a finais do século XX cando se empezou a analizar e demostrar que existían diferenzas nas enfermidades que afectaban con máis frecuencia a mulleres, sinalando a maior prevalencia de enfermidades crónicas e a utilización dos servizos sanitarios entre o sexo feminino por mor dos riscos adquiridos polos aspectos psicosociais de mulleres e homes.
Unha diferenza biolóxica entre homes e mulleres que en ningún caso, sinala Valls, é un signo de inferioridade. Creo que chegou a época de evitar todos os reduccionismos etiolóxicos e saber que aos problemas complexos non podemos darlle solucións simplistas. As diferenzas na bioloxía das mulleres son simplemente diferenzas, e non inferioridades. Telas en conta no momento de estudar as causas da dor e o cansazo das mulleres é unha necesidade científica. Os estereotipos de xénero sempre quererán considerar inferior o que lles ocorra ás mulleres. As aproximacións máis científicas axudarán a coñecer mellor as verdadeiras etioloxías dos seus problemas. Valls que tamén denuncia a utilización por parte da industria farmacéutica das mulleres como obxecto de mercado, introducindo fármacos cuxos efectos non foran estudados en mulleres nin en animais de experimentación femias e que provocaron graves trastornos de saúde ás mulleres.
É autora de varios libros de divulgación médica e membro do consello de redacción de revísta Mulleres e Saúde (MyS) editada polo programa Muller, Saúde e Calidade de Vida do CAPS creada en 1996 e cuxo número "0" apareceu nas xornadas feministas catalás “20 Anys de Feminisme”.
Publicacións
Mujeres invisibles (2006) Mujeres, salud y poder (2009) Medio ambiente y salud (2018) Editorial Cátedra. Colección feminismos Mujeres invisibles para la medicina (2020). Editorial Capitán Swing
Premios e recoñecementos
2018 Premio Buenas Prácticas de Comunicación no sexista, outorgado pola Asociación de Mujeres Periodistas de Cataluña. 2019 Medalla da Universidade de Valencia. 2023 Doutora honoris causa pola Universidade de Girona.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
María Teresa Ruiz Cantero
Ligazóns externas
Blog de Carme Valls Biografía Revista Mujeres y Salud Centre d'Anàlisi i Programes Sanitaris (CAPS)
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Profesores da Universidade de Barcelona Categoría:Feministas de Cataluña Categoría:Políticos do PSC