Robert Franklyn "Bob" Overmyer, nado en Lorain, Ohio, o 14 de xullo de 1936 e finado o 23 de marzo de 1996, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-5 e STS-51-B.
Traxectoria Overmyer graduouse en física pola facultade Baldwin Wallace en 1958 e era máster en aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1964.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en 1969, participando nas misións STS-5 e STS-51-B e pasando un total de 12,10 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-5 STS-51-B
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Nados en Ohio