Scott Edward Parazynski, nado en Palo Alto, California, o 28 de xullo de 1961, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-66, STS-120, STS-95, STS-100 e STS-86.
Traxectoria Parazynski graduouse en bioloxía pola Universidade Stanford en 1983 e na Escola Médica Stanford en 1989.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en marzo de 1992, participando nas misións STS-66, STS-120, STS-95, STS-100 e STS-86 e pasando un total de 57,65 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-66 STS-120 STS-95 STS-100 STS-86
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en California