David Lariño Nieto, nado en Esteiro (Muros) o 22 de maio de 1989, é un gran mestre de xadrez galego. Na lista Elo da FIDE para novembro de 2020, tiña un Elo de 2461 puntos, o que o converteu no 44 xogador (activo) de España. O seu máximo Elo foi de 2.521 puntos, na lista de maio de 2013 (posición 700 na clasificación mundial). Resultados destacados en competición Lariño gañou campionatos estatais españois en practicamente todas as categorías por idades; en 1999 foi campión de España sub-10, en 2000 e 2001 campión de España sub-12, no 2003 campión de España sub-14, en 2004 e en 2005 campión de España sub-16 e en 2006 en Pontevedra foi subcampión de España de xadrez rápido, empatado a puntos co campión, Salvador Gabriel do Río en 2007 foi quinto en Madrid (Torneo de Mestres da Federación Madrileña, o campión foi Renier Vázquez Igarza).

En 2008 foi campión de España absoluto, en Ceuta superando ao GM Julen Arizmendi nunha axustada final, converténdose así o primeiro galego en gañar este título, e o segundo xogador máis novo da historia en facelo, por detrás de Arturo Pomar. Así mesmo gañou o VIII Campionato de España individual aberto, en Logroño en 2008. En 2009 venceu no Aberto de Vitoria-Gasteiz.

En setembro de 2010 foi subcampión do Aberto de Vallfogona de Balaguer con 8½ puntos de 11 (o campión foi Víktor Moskalenko).

En 2013, consegue o título de Gran Mestre.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xadrez Xadrez en España

Ligazóns externas

Datos da FIDE de David Lariño Neto (en inglés) 53 partidas de David Lariño Neto en chessgames.com (en inglés)

Categoría:Xadrecistas de Galicia Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1989 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes