Os Sultanes de Monterrey son un equipo profesional de béisbol mexicano que compite na Liga Mexicana de Béisbol (LMB). Desde a temporada 2019−20, o equipo participa tamén na Liga Mexicana del Pacífico (LMP), a cal se celebra após a conclusión da LMB. Os Sultanes son o único equipo do país que participa nas dúas competicións á vez. O club foi fundado en 1939 co nome de Carta Blanca, e ten desde aquela a súa sede en Monterrey. Os Sultanes posúen no seu palmarés dez títulos de liga, sendo o terceiro equipo con máis títulos desta competición despois dos Diablos Rojos del México e dos Tigres de Quintana Roo. Desde 1990 o seu estadio como local é o Estadio de Béisbol Monterrey, parque con capacidade para 21.906 espectadores.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos da Liga Mexicana de Béisbol Categoría:Equipos de béisbol de México