Nas clasificacións tradicionais, a dos espirúridos (Spirurida) é unha orde de nematodos da clase dos secernénteos.
Algunhas das súas especies, como as filarias,filaria no Dicionario da RAG. poden producir enfermedides en humanos. Nesta orde está o maior nematodo coñeocido, Placentonema gigantissima, parasito da placenta dos cachalotes; as femias maduras alcanzan os 8 m de lonxitude, cun diámetro de só 2,5 cm, e posúen 32 ovarios que producen unha enorme cantidade de óvulos.Sci-Tech Encyclopedia - Spirurida.
Características A rexión bucal posúe normalmente dous labios laterais, aínda que pode haber catro ou máis. O orificio bucal pode ter dentes. Os anfidios están xeralmente situados en posición lateral, aínda que nalgúns grupos poden localizarse inmediatamente por detrás dos labios. O esófago divídese normalente nunha porción anterior muscular e nunha porción posterior glandular, dilatada. As larvas posúen en xeral unha espiña cefálica que usan para perforar a envoltura do ovo, e un fasmidio en forma de poro na cola.
Bioloxía Os espirúridos utilizan un vertebrado no seu ciclo de vida. O hospedeiro definitivo é un mamífero, unha ave ou un réptil, raramente un anfibio.
Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1933 polo nematólogo estadounidense Benjamin Goodwin Chitwood.
Sinónimo A orde coñécese tamén polo sinónimo moderno:Spiruromorpha (suborde) De Ley & Blaxter, 2002 no WoRMS. Consultada o 21 de febreiro de 2021. Espiruromorfos (Spiruromorpha) De Ley & Blaxter, 2002.
Clasificación Segundo o WoRMS, o grupo comprende as seguintes superfamilias:
Acuarioidea Railliet, Henry & Sisoff, 1912 Aproctoidea Skrjabin & Shikhobalova, 1945 Camallanoidea Travassos, 1920 Filarioidea Chabaud & Anderson, 1959 Habronematoidea Ivaschkin, 1961 Physalopteroidea Railliet, 1893 Rictularoidea Railliet, 1916 Spiruroidea Oerley, 1885 Thelazioidea Skrjabin, 1915
O BioLib, pola súa parte, considera a orde dividida en dúas subordes:order Spirurida en BioLib. Consultado o 21 de febreiro de 2021.
Camallanina, coas superfamilias:Camallanina en BioLib. Camallanoidea Dracunculoidea
Spirurina, coas superfamilias:Spirurina en BioLib. Acuarioidea Aproctoidea Diplotriaenoidea Filarioidea Gnathostomatoidea Habronematoidea Physalopteroidea Rictularioidea Spiruroidea Thelazioidea
Nota taxonómica Nas clasificacións modernas, por exemplo no WoRMS, este taxon considérase como a orde dos Espiruromorfos (Spiruromorpha) De Ley & Blaxter, 2002, da sublcase dos cromadorios (Chromadoria).Spirurida Chitwood, 1933 no WoRMS. Consultada o 21 de febreiro de 2021.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas order Spirurida en BioLib.
Categoría:Nematodos