En 1906 realizouse unha edición extraordinaria dos Xogos Olímpicos, co pretexto de conmemorar o 10º aniversario do comezo dos xogos en 1896, na cidade de Atenas. Esta edición dos Xogos Olímpicos de 1906, que sería a cuarta, non é considerada oficial polo Comité Olímpico Internacional por ter sido realizada fóra do ciclo de catro anos denominado Olimpíada. miniatura|300px|esquerda|Países participantes.
Preparación A pesar do éxito da primeira edición dos Xogos, as dúas edicións seguintes saldáronse como fracasos. Tanto a edición de París 1900, como a de Saint Louis 1904, foron integradas nas exposicións mundiais que se realizaban nas respectivas cidades, relegadas a un lugar secundario e mal organizadas. Estes dous fracasos suscitaron fortes dúbidas sobre o futuro do Movemento Olímpico, polo que era necesario mudar a situación.
Aproveitando o 10º aniversario da realización dos primeiros Xogos Olímpicos da era moderna, foi planeada unha edición intercalada dos Xogos, a se realizar tamén en Atenas, que foron organizados de forma totalmente diferente que as dúas edicións anteriores.
Modalidades disputadas miniatura|200px|dereita|O estadio Panathinaikos de Atenas durante os Xogos intercalados de 1906 Atletismo Soga-tira Ciclismo Esgrima Fútbol Ximnasia Halterofilia Loita Natación Remo Saltos de trampolín Tenis Tiro
Cadro de medallas Cadro de Medallas 50px Posición País Gold Silver Bronze Total120px Francia1591640220px Estados Unidos126624320px Grecia8131233420px Reino Unido811524520px Italia76316620px Suíza56415720px Alemaña46515820px Noruega4217920px Austria33391020px Dinamarca32161120px Suecia257141220px Hungría253101320px Bélxica21361420px Finlandia21141520px Canadá11021620px Países Baixos01231720px Imperio Otomán01121825px|Mixed team Equipo Mixto (1)01011920px Australia00332020px Bohemia0022 788078226 (1) O equipo mixto estaba formado por representantes de Grecia e Bélxica.
Categoría:Deporte en 1906 Categoría:Xogos Olímpicos