Soutelo de Montes é unha vila da parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei. É a segunda de maior poboación deste concello.
Demografía Segundo o IGE en 2020 tiña 405 habitantes, 19 menos que o ano anterior.
Evolución da poboación de Soutelo de Montes dende 2000:
Historia No transcurso da revolta Irmandiña, na segunda metade do século XV, a Torre do Castro de Montes foi derrubada. Os xuíces-meriños tiveron que trasladar a súa residencia a Soutelo de Montes, onde se asentarían até as xurisdicións especiais seren abolidas en 1811.
Na remodelación de concellos e partidos xudiciais das Cortes de Cádiz creouse o concello de Soutelo de Montes. Formaban parte del as freguesías da Madanela, Ventoxo, Pardesoa, San Miguel de Presqueiras e Santa Mariña de Presqueiras. En 1814 o rei Fernando VII anulou a Constitución e a xurisdición retornou ao arcebispado de Santiago. En 1833 creouse o concello de Forcarei, aínda que entre 1858 e 1862 se denominou Soutelo de Montes.
Festas e celebracións Festa do cogomelo, en novembro. Festa do Gaiteiro, en memoria de Avelino Cachafeiro, o 18 de agosto de 1973.
Infraestruturas A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra.
Patrimonio miniatura|Casa de González Barros O palacete modernista coñecido como a Casa de González Barros é unha singular vivenda familiar construída na primeira metade do século XX e situada no alto do núcleo urbano de Soutelo de Montes. Destaca polo seu estilo modernista de inspiración gaudiana. Constitúe un dos referentes da arquitectura modernista na Terra de Montes. Actualmente encóntrase en venda e presenta un estado de conservación razoablemente bo.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares da Madanela de Montes
Parroquias de Forcarei
Véxase tamén Ligazóns externas Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO)
Categoría:Lugares de Forcarei