O de Havilland Vampire foi un caza británico que se converteu no segundo reactor encargado pola RAF, despois do Gloster Meteor, durante a segunda guerra mundial a pesar de que non chegou a combater nela. A configuración bideriva do Vampire adoptouse para que a tobeira do motor puidese ser o máis curta e eficaz posíbel. Inda que o prototipo voou no setembro do 1943, este modelo non entrou en servizo ata despois da segunda guerra mundial. Serviu no Mando de Caza e a Real Forza Aérea Auxiliar, pero foi empregado sobre todo por escuadróns enviados a ultramar ata a súa substitución polo Havilland Venom. As derradeiras variantes do Vampire sirviron como adestradores avanzados, avións de estafeta e remolcadores de brancos despois de ser retirados do servizo de primeira liña. O NF.Mk 10, un caza nocturno bipraza equipado con radar, foi deseñado para a exportación pero serviu certo tempo na RAF. O T.Mk 11 foi o adestrador avanzado da RAF dende o 1952 ata a aparición do Folland Gnat a primeiros dos anos 60.

Especificacións miniatura|dereita|250px|de Havilland Vampire miniatura|dereita|250px|de Havilland Vampire. Israel. 2006 Tipo: Cazabombardeiro monopraza De Havilland Vampire FB.Mk 9. Construtor: De Havilland Ano: 1945 Principal usuario: Royal Air Force e a Fleet Air Arm Envergadura: 12,19 m. Lonxitude: 9,37 m. Altura: 1,88 m. Área alar: 24,34 m². Peso baleiro: 3 297 Kg. Peso cargado: 5 618 Kg. Planta motriz: 1 De Havilland Goblin de 3.350 libras de pulo. Armamento: 4 canóns de 20 mm a proa e bombas e foguetes subalares. Velocidade máxima: 540 millas/h a 20.000 pés Alcance operacional: 730 millas

Categoría:Aeronaves de De Havilland Categoría:Aeronaves da Royal Air Force Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1943