Hannah J. Forster, nada a finais dos anos 50, é unha activista dos dereitos humanos de Gambia.

Traxectoria Despois de traballar nunha oficina por un curto período de tempo, traballou para a Biblioteca Nacional de Gambia. Logo graduouse na Universidade de Ghana cun título en biblioteconomia e, axiña, formouse na Universidade de Loughborough, en Gran Bretaña, cunha licenciatura en biblioteconomia e ciencias da información. Na Scuola Superiore Sant'Anna, fixo un mestrado en Dereitos Humanos e Xestión de Conflitos.

Ao redor de 1990, traballou no Centro Africano para Estudos de sobre Democracia e Dereitos Humanos (ACDHRS). Após a morte repentina de Zoe Tembo, foi nomeada directora do instituto en marzo de 2001. Ela era a funcionaria con máis anos de servizo no momento do nomeamento.

Ademais do seu traballo en ACDHRS, participa en varias outras organizacións. Desde 2006 foi Presidenta do Fórum da Democracia Africana e é membro do Comité Director do Movemento Mundial pola Democracia e membro do Consello para unha Comunidade de Democracias e Solidariedade polos Dereitos das Mulleres Africanas (SOAWR). De 1992 a 2009 foi consultora de Sistemas da Información e Documentación dos Dereitos Humanos (HURIDOCS). De 2004 a 2010 impartiu cursos no Centro dos Dereitos Humanos da Universidade de Pretoria.

En 2007 recibiu o Premio Internacional para Mulleres Valentes do Departamento de Estado dos Estados Unidos, que lle concedeu o Embaixador dos Estados Unidos en Gambia, Joseph D. Stafford.

Notas

Categoría:Activistas polos dereitos humanos Categoría:Personalidades de Gambia Categoría:Personalidades sen imaxes