Diane Ernestine Earle Ross, nada en Detroit (Míchigan) o 26 de marzo de 1944, é unha cantante estadounidense de soul, máis coñecida como Diana Ross. Está considerada unha das artistas femininas de máis éxito, primeiro con The Supremes e despois en solitario. O seu estilo, a súa voz sexy, que flúe de forma natural, e a súa beleza física foron factores que conquistaron tanto a públicos brancos como negros.
Traxectoria Comezou no mundo da música en 1959 co grupo pero non foi ata 1961, ó asinar coa discográfica Motown o seu grupo cando se fixo coñecido, o grupo mudou o seu nome para The Supremes en 1963 e desde 1967 foi coñecido como Diana Ross and The Supremes, proba da primacía absoluta da cantante no seo do grupo. A partir de 1970 a súa carreira marchou en solitario.
Durante a súa carreira conseguiu 18 números un nas listas de éxitos.
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Míchigan Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Míchigan Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Detroit