Os Xogos Olímpicos de 1912 realizáronse en Estocolmo, capital de Suecia, entre o 5 de maio e o 27 de xullo coa participación de 2407 atletas (48 mulleres) de 28 países. Abertos oficialmente polo Rei Gustavo V, os xa bastante concorridos, prestixiados e famosos Xogos foron un modelo da eficiencia sueca e o primeiro no que compareceron atletas de todos os cinco continentes representados na bandeira olímpica.
Dotados dunha estrutura nunca antes vista, estes foron os primeiros Xogos que utilizaron un, na época, moderno sistema de son con altofalantes espallados polo complexo olímpico e pola cidade, para informar sobre os resultados de cada deporte disputado; alén diso, Estocolmo empregou por primeira vez un sistema de fotografías e cronometraxe semieletrónica, para a marcación dos tempos da Natación e do Atletismo.
Foron tamén os primeiros onde houbo unha cerimonia coreografada de apertura, antes da entrada das delegacións nacionais, realizada por douscentos rapaces vestidos de branco no centro do campo do Estadio Olímpico.
Modalidades disputadas
miniatura|200px|esquerda|O sueco Oscar Swahn na disputa do Tiro en 1912
Atletismo. Tiro de corda. Ciclismo. Esgrima. Fútbol. Ximnasia. Hípica. Natación. Loita. Péntatlon moderno. Wáter-polo. Remo. Tenis. Tiro. Vela.
Cadro de medallas
Cadro de Medallas 50px Posición País Gold Silver Bronze Total 1 20px| Estados Unidos25191963 2 20px Suecia24241765 3 20px Reino Unido861125 4 20px Finlandia98926 5 20px Francia74314 6 20px Alemaña513725 7 20px Suráfrica4206 8 20px Noruega41499 20px Hungría3238 20px Canadá3238
Notas
Véxase tamén
Categoría:Deporte en 1912 Categoría:Xogos Olímpicos