Vicente Martínez de la Riva Andrés, nado en Santiago de Compostela en 1808 e finado na mesma cidade o 13 de xuño de 1889,El Correo Gallego, 15-6-1889, p. 1. foi un médico, profesor, escritor e político galego.
Traxectoria Filo de Ángel Martínez de la Riva que procedía de Ortigosa de Cameros e emigrou a Compostela, onde exercía como "comerciante mayorista con giro". Vicente estudou medicina e foi catedrático de anatomía da Universidade de Santiago de Compostela e decano da facultade de Medicina da USC. Foi director do Hospital de San Roque. Foi un dos socios máis destacados da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago na que desempeñou os cargos de vicesecretario (1844-1850), secretario (1850-1861), vicedirector (1865-1867), director (1867 e 1871-1873) e dende 1873 censor da Xunta de Oficiais.Revista de la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, 30-9-1889, p. 3-4. Foi fundador e primeiro presidente do Museo Histórico-Arqueolóxico da Sociedade de Amigos do País.Galicia Diplomática, 16-6-1889, p. 8. Foi concelleiro e alcalde de Santiago de Compostela en 1870,
En 1864, no Congreso Agrícola convocado pola Sociedade Económica de Amígos do País sobre o sistema foral, xunto con Luís Rodríguez Seoane, Paz Novoa e Montero Ríos promoveu unha moción para que as deputacións galegas financiasen a elaboración da Historia de Galicia de Manuel Murguía. Foi promotor da Exposición Rexional celebrada en Santiago de Compostela no ano santo de 1875. Colaborou en Gaceta de Galicia e Galicia Diplomática.
Obras Discurso leído en la Universidad de Santiago en la solemne inauguración del curso acadèmico de 1869 a 1870, 1869.Discurso en Galiciana
Vida persoal
Casou con Leocadia Vilar Calderón e foi pai de Ángel Martínez de la Riva Vilar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1808 Categoría:Finados en 1889 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos