A acuicultura (do latín aqua: auga; e -cultura: cultivo) é a cría ou cultivo de organismos acuáticosRobert R. Stickney Aquaculture: an introductory text. CABI, 2005, páxina 1, especialmente peixes, crustáceos, moluscos e algas, destinados á alimentación humana ou animal. Tamén se pode dedicar á produción de especies ornamentais para a acuariofilia, ou o cultivo de especies para a posterior elaboración de materias primas para a industria, repoboación e conservación de especies ameazadas, produción de perlas etc.
Produción Dous terzos da produción mundial corresponden a China. Segundo datos da Xunta de Galicia no ano 2002 había en Galicia 3.537 bateas, 1.200 parques de cultivo, 17 granxas mariñas, 37 granxas continentais e 5 criadeiros, cunha produción total de 267.000 toneladas (256.000 de mexillón) .
Tipos de cultivos acuícolas Acuicultura mariña: cultivo de especies mariñas, tanto de peixes, crustáceos ou moluscos (como o mexillón ou o polbo). Ten unha grande importancia económica e, no caso de moitas especies, a produción de cultivo case substituíu por completo as capturas pesqueiras. Acuicultura de moluscos bivalvos: é o cultivo de ameixas, mexillóns, ostras, vieiras e outros moluscos bivalvos de grande importancia económica. Miticultura: é o cultivo do mexillón en bateas. Ostricultura: é o cultivo das ostras. Camaronicultura: é o cultivo das diferentes especies de camaróns que se leva a cabo en zonas costeiras. Salmonicultura: é o cultivo das diferentes especies de salmónidos. Acuicultura de auga doce: Carpicultura: é o cultivo da carpa e outros Ciprínidos, especies de auga doce non tropical. miniatura|Unha batea nunha ría galega.|centro Notas
Véxase tamén Outros artigos Miticultura Piscifactoría Instituto Galego de Formación en Acuicultura
Cetaria
Ligazóns externas Piscifactorías sostibles (Consumer.es, 1.01.2008)
Categoría:Acuicultura Categoría:Animais domésticos