Manuel Jaime Cabezas Enríquez, nado en Ourense o 14 de novembro de 1953, é un empresario e político galego.

Traxectoria Enxeñeiro agrónomo, comezou a súa carreira profesional como xerente da Cooperativa Vinícola do Ribeiro. Membro do Partido Popular, foi deputado pola provincia de Ourense no Congreso dos Deputados (1993-1995) e despois alcalde de Ourense desde 1995 ata 2007. Foi o primeiro alcalde popular en celebrar unha voda entre persoas do mesmo sexo, polo que recibiu a crítica do bispo de Ourense, Luís Quinteiro Fiúza. No ano 2006 anunciou que non se presentaría ás eleccións municipais de 2007, e dimitiu como alcalde en febreiro de 2007, deixándolle o seu posto ao vindeiro candidato do PP Enrique Nóvoa López. Porén mantivo o escano no Senado que ocupou desde o 2004 e no que cesou no ano 2008. Dende esa data volveu adicarse á actividade empresarial ata que o seu partido escolleuno de novo para encabezar a súa candidatura na cidade de Ourense nas eleccións municipais de 2023. Nesta convocatoria electoral logrou 7 concelleiros, quedando por detrás de Democracia Ourensana. Un día antes do pleno de investidura anunciou a súa intención de apoiar ao candidato do PSdeG-PSOE Paco Rodríguez, o cal tamén contaría co apoio do BNG, para desbancar da alcaldía a Gonzalo Pérez Jácome, candidato de Democracia Ourensana. Porén, horas antes do pleno a dirección autonómica do PP alcanzou un acordo con Jácome polo no concello os concelleiros populares facilitarían a continuidade de Jácome como alcalde e na Deputación provincial os deputados de DO facilitarían a continuidade do PP na presidencia. Desta forma, o PP votouse a si mesmo, ante o cal Jácome continuou como alcalde. Nada máis rematar o pleno anunciou a súa dimisión como concelleiro ante a súa disconformidade co acordo alcanzado por parte do seu partido e DO, a cal formalizou o 31 de agosto seguinteManuel Cabezas renuncia como concejal del Ayuntamiento de Ourense.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Ourense Lista de senadores galegos desde a Transición Federación Galega de Municipios e Provincias

Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado

Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1953 Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes