Jane Davidson, nada en Birmingham o 19 de marzo de 1957, é unha política británica que foi membro do Partido Laborista na Asemblea Nacional de Gales, electa por Pontypridd como Ministra de Medio Ambiente, Sostibilidade e Vivenda no Goberno de Gales. Tamén foi a Vicepresidenta galesa da asociación Ramblers, posto do que se retirou cando foi elixida como Ministra en 2007. En 2008 anunciou que non se volvería a presentar para a reelección cara á asemblea en 2011.

Carreira profesional Antes do seu paso pola Asemblea de Gales, foi membro do Concello da cidade de Cardiff. Na asemblea, foi a ministra de Medio Ambiente, Sostibilidade e Vivenda entre 2007 e 2011. Davidson foi a responsable no Goberno de Gales de facer do desenvolvemento sustentable como o seu principio central na organización. Antes de ocuparse deste ministerio foi Ministra de educación e aprendizaxe permanente. Foi a encargada de introducir o novo curso de inicio entre as idades de 3 a 7 anos, o bacharelato galés e a materia de educación para o desenvolvemento sustentable e a cidadanía global.

En 2011, despois da súa carreira como ministra mudouse ao oeste de Gales, Davidson tomou o mando do Instituto Galés para a Sostibilidade como directora, situado na University Trinity St. David, onde se tenta introducir o concepto de sostibilidade na experiencia de cada estudante desde 2013.

Contribucións á política pública Davidson foi a terceira persoa ambientalista máis influente no Reino Unido para The Independient on Sunday en 2009, e foi o número un e dous na Resource magazine en 2009 e 2010 polo seu traballo en residuos. Davidson foi recoñecida coa bolsa honorífica do Chartered Institute of Waste (CIW), e é membro do consello de Embaixadores Globais do World Wildlife Fund no Reino Unido. Formou parte do xurado nos Green Awards en 2011 e é membro do equipo Telegraph's summit escribindo sobre economía verde na carreira cara a Río+20.

Notas

Categoría:Nados en Birmingham Categoría:Ecoloxistas do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Birmingham Categoría:Nados en 1957