Inferno de covardes (en ) é un filme estadounidense de 1973 dirixido por Clint Eastwood, escrito por Ernest Tidyman e producido por Robert Daley para The Malpaso Company e Universal Pictures. Está protagonizado polo propio Eastwood, no papel dun misterioso personaxe que fai xustiza pola súa conta nunha corrupta vila mineira da fronteira do oeste. O filme está influenciado pola obra de dous dos grandes colaboradores de Eastwood, os directores Sergio Leone e Don Siegel. Ademais de Eastwood, o elenco está composto por Verna Bloom, Mariana Hill, Mitchell Ryan, Jack Ging e Stefan Gierasch. O filme foi rodado nas costas do lago Mono, en California. Dee Barton escribiu a banda sonora. Foi aclamado pola crítica no momento da súa estrea.
Estreouse en galego a través da TVG.
Personaxes
Clint Eastwood como The Stranger Verna Bloom como Sarah Belding Mariana Hill como Callie Travers Billy Curtis como Mordecai Mitch Ryan como Dave Drake Jack Ging como Morgan Allen Stefan Gierasch como alcalde Jason Hobart Ted Hartley como Lewis Belding Geoffrey Lewis como Stacey Bridges Dan Vadis como Dan Carlin Anthony James como Cole Carlin Walter Barnes como Sheriff Sam Shaw Paul Brinegar como Lutie Naylor Richard Bull como Asa Goodwin Robert Donner como predicador John Hillerman como Bootmaker John Quade como operador de vagóns de carga Buddy Van Horn como Marshal Jim Duncan William O'Connell como o barbeiro Russ McCubbin como Fred Short
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Clint Eastwood Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Malpaso Productions Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes de 1973 con versión en galego