Donella "Danna" H. Meadows, nada en Elgin, condado de Cook (Illinois), o 13 de marzo de 1941 e finada en Novo Hampshire o 20 de febreiro de 2001, foi unha científica ambiental, mestra e escritora estadounidense. É coñecida por ser a autora de The Limits to Growth e Thinking in Systems: a Primer.

Traxectoria Dirixiu a obra Límites do crecemento, e propuxo os doce puntos de influencia para intervir nun sistema.

Estudou Química no Carleton Collage en 1963, e fixo o doutoramento en Biofísica na Universidade Harvard en 1968. Despois converteuse en investigadora do MIT, onde colaborou xunto a Jay Forrester, quen desenvolveu a dinámica de sistemas e do principio de almacenamento magnético para as computadoras. A partir de 1972 deu clases no Dartmouth Collage durante 29 anos.Meadows, Donella H. 2008. Thinking in systems: a primer. Chelsea Green Publishing, Vermont, p.213 (Sobre el autor)

Meadows atopábase traballando no MIT en 1972 formando parte do equipo que produciu o modelo computacional global World3 para o Club de Roma e proveu de bases para o libro ”Os límites do crecemento”. O libro reportou un estudo de tendencias globais a longo prazo nas áreas de poboación, economía e medio ambiente. Este documento gañou relevancia ao redor do mundo, e deu comezo a un debate acerca dos límites da capacidade do noso planeta para soportar a continua expansión económica do ser humano, un debate que continúa actualmente.

En 1981, Meadows fundou o INRIC ("International Network of Resource Information Centres" – Rede Internacional de Centros de Información de Recursos), un proceso global de mecanismos de colaboración e para compartir información entre centos de académicos, investigadores e activistas do movemento de desenvolvemento sustentable (un esforzo internacional para reverter as tendencias de dano no ambiente, economía, e sistemas sociais). Meadows fundou tamén o Instituto da Sostibilidade, que combina a investigación en sistemas globais con demostracións prácticas de vida sustentable, incluíndo o desenvolvemento de “ecoaldeas” e granxas orgánicas.

Desde 1986, até o seu falecemento, escribía semanalmente unha columna chamada “The Global Citizen” ("O cidadán global"), nomeada ao Pulitzer en 1991, onde trataba eventos mundiais desde o punto de vista sistémico.

No ano 1996 Meadows fundou o Sustainability Institute (agora chamado Academy for Systems Change) coa misión de fomentar a transición a sistemas sustentables en todos os niveis da sociedade, desde o local ao global. No seu traballo, analizou rigorosamente os sistemas que producen os complexos problemas que enfronta a humanidade, e describiu con humor e humildade o que se necesitaba facer para crear alternativas funcionais saudables. O seu traballo é amplamente recoñecido como unha importante influencia noutros estudos académicos, iniciativas gobernamentais e tratados internacionais.

Obras

Donella H. Meadows, Thinking in systems, 2008. Donella H. Meadows, Jorgen Randers e Dennis L. Meadows Limits to Growth-The 30 year Update, 2004. Dennis L. Meadows, Donella H. Meadows e Jorgen Randers, Beyond the Limits: Confronting Global Collapse, Envisioning a Sustainable Future, Chelsea Green Publishing, 1993. Donella H. Meadows, Beyond the limits: global collapse or a sustainable future, Earthscan Publications, 1992. Donella H. Meadows, Global Citizen, Island Press, 1991. Michael J. Caduto, prólogo de Donella H. Meadows, Pond and Brook: A Guide to Nature in Freshwater Environments, University Press of New England, 1990. Donella H. Meadows e J. M. Robinson, The Electronic Oracle: Computer Models and Social Decisions, John Wiley & Sons, 1985. Donella H. Meadows, John Richardson e Gerhart Bruckmann, Groping in the Dark: The First Decade of Global Modelling, John Wiley & Sons, 1982. Donella H. Meadows, Limits to Growth: A Report for the Club of Rome's Project on the Predicament of Mankind, New American Library, 1977. Dennis L. Meadows, Donella M. Meadows, Donella H. Meadows e Tzonis' Toward Global Equilibrium: Collected Papers, Pegasus Communications, 1973.

Recoñecementos

1990 Premio “Walter C. Paine Science Education Award” en 1990,

2001 Premio “John H. Chafee Excellence in Environmental Affaire Award” de maneira póstuma.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dinámica de sistemas Sistema dinámico Sistema complexo Cibernética Teoría de sistemas Ligazóns externas Biografía de Donella Meadows no Instituto Donella Meadows (antes Instituto da Sustentabilidade) Instituto Donella Meadows (antes Instituto da Sustentabilidade) www.sustainer.org, antiga URL do Instituto da Sustentabilidade (agora redirixe ao Instituto Donella Meadows) Columnas The Global Citizen Last Call, documental sobre o informe Os límites do crecemento, no que tamén participa Donella.

Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Ecoloxistas dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados en Elgin, Illinois