Antonio Magariños García, nado en Madrid o 4 de febreiro de 1907 e finado o 4 de abril de 1966, foi un profesor español. É coñecido por ser o fundador e primeiro presidente do CB Estudiantes de Madrid.

Traxectoria Naceu en Madrid o 4 de febreiro de 1907. Foi o segundo dos tres fillos de Manuel Magariños Mera (madrileño fillo de emigrantes galegos) e de Ignacia García del Pozo.

Formouse na Universidade de Madrid antes da Guerra Civil e traballou no Instituto de Granada. Foi profesor de idiomas clásicos nas universidades de Madrid e Salamanca, onde obtivo a cátedra de lingua latina, sendo o número 1. Isto permitiulle ser profesor de latín no Instituto-Escola de Madrid.

Despois da guerra, decidiu dedicarse totalmente á educación secundaria e foi profesor de latín e xefe de estudos no Instituto Ramiro de Maeztu. Foi o fundador e primeiro presidente do Club de Baloncesto Estudiantes. O Polideportivo Antonio Magariños, un pavillón que rende homenaxe ao profesor Magariños, foi fundado en 1966 e foi campo oficial do Estudiantes de 1971 a 1988 e do Atlético de Madrid de balonmán. Dedicou gran parte da súa vida ao Instituto Ramiro de Maeztu, onde ademais de profesor de latín, foi xefe de Estudos, director accidental, director dos Internados, creador e primeiro director do Bacharelato Nocturno e profesor do Bacharelato Radiofónico.

Morreu de insuficiencia cardíaca o 4 de abril de 1966.

O seu ensino centrado no ensino da lingua latina, deixou unha ampla pegada en moitas xeracións que o recordan hoxe. No 50 aniversario da súa morte, celebrouse unha homenaxe á súa figura.

Notas

Obra Desarrollo de la idea de Roma, 1952. CSIC. Madrid.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web dedicada á vida e á obra de Antonio Magariños .

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Finados en 1966 Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Profesores da Universidade de Salamanca Categoría:Catedráticos