O guía, no baile tradicional galego, é o bailador que propón os puntos a realizar no baile.

Descrición Nas muiñeiras e xotas galegas, o guía é o bailador que se encarga de iniciar os movementos dos bailes. Estes movementos, chamados puntos, son "sacados" polo guía en solitario mentres os restantes bailadores observan para a continuación reproducilos. Os puntos débense poder repetir, sen pausa, cun pé e outro, de xeito que exista unha continuidade nos movementos. Se os bailadores non puideren "coller" o punto que iniciou o guía faise patente a súa destreza no baile.

Nestes bailes de divertimento, chamados soltos, existen dúas partes diferenciadas: o punto, que coincide coa melodía principal e na que as parellas bailan en dúas ringleiras enfrontadas; e a volta, que coincide co retrouso da peza e na que as parellas bailan movéndose nunha roda ou desprazando as liñas en paralelo sobre un punto central (táboa). O guía saca sempre punto na primeira das fases, mentres que a volta pode ser guiada ou facérense simplemente camiñando.

Nas danzas coreográficas galegas tamén se denomina guía, ou mestre, ao bailador que dirixe as evolucións das mesmas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Un punto ao día con Luis Prego- Youtube

Categoría:Baile tradicional galego