O cuarteto de gaita, clarinete, caixa e bombo, é unha agrupación musical tradicional galega aparecida a finais do século XIX.
Características A proliferación das bandas de música nas festas populares galegas, desde mediados do século XIX, foi desprazando dos terreiros os tradicionais gaiteiros e tamborileiros. As bandas introduciron nas celebracións de vilas e cidades un novo repertorio de música bailábel que axiña ocupou o primeiro lugar nas preferencias do público.
Forzados a se adaptar á nova situación, os gaiteiros tradicionais evolucionaron adoptando as novas músicas e os novos instrumentos que as acompañaban. A primeira banda popular aparecida en Galiza foi a Lira de Ribadavia, e foi precisamente alí onde un gaiteiro: Xan Míguez, "O Ventosela", formou o primeiro cuarteto que mesturaba a gaita coa instrumentación das bandas.
Este cuarteto composto por gaita, clarinete, caixa e bombo, revolucionou o panorama musical galego, pois incorporou ao repertorio tradicional os bailes agarrados de moda: pasodobres, mazurcas etc. O éxito da nova agrupación musical foi instantáneo, aparecendo por todo o país grupos á súa imaxe como Os Trintas de Trives ou Os Veiga de Mondoñedo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Tipos de agrupación musical Categoría:Música tradicional galega Categoría:Música de Galicia