miniatura|250px|dereita|Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de Ribadeo, (tomada dende o Parque da Praza de España o 7 de febreiro de 2005), fachada SO Os irmáns Pedro María e Juan María Moreno Ulloa foron dous indianos nados no barrio dos Garitos de Ribadeo, que retornaron cartos para construír a chamada Torre dos Moreno, rematada en 1911, edificio emblemático de Ribadeo.

Traxectoria Naceron no barrio de Garitos, Pedro o 7 de xuño de 1840 e Juan o 5 de marzo de 1845. Bautizounos en Ove o sacerdote Bernardo Miranda Trelles, respectivamente o 9 de xuño de 1840 e o 7 de marzo de 1845. Faleceron na Arxentina en 1921 e 1928.

Juan Moreno achegou 150 000 pesetas para a construción do instituto de Ribadeo, e doaron terreos para o cemiterio municipal, fixeron construír a capela do mesmo, doaron o cerramento do cemiterio e construíron o camiño ata o mesmo.

Foron nomeados fillos predilectos de Ribadeo. Tras diversas xestións, o 10 de febreiro do 2005 chegaron a Ribadeo as cinzas dos irmáns Moreno, procedentes da Arxentina. Recibiunas unha delegación oficial do concello, acompañados por Gilberto Suárez Méndez, representante da asociación veciñal O Tesón, impulsora da repatriación.

alt=Placa de homenaxe a Juan Moreno na biblioteca pública 'El Viejo Pancho' de Ribadeo|miniatura|Placa de homenaxe a Juan Moreno na biblioteca pública 'El Viejo Pancho' de Ribadeo

Notas

Véxase tamén alt=Tumba dos irmáns Moreno no cemiterio de Ribadeo|miniatura|Tumba dos irmáns Moreno no cemiterio de Ribadeo

Outros artigos

Ribadeo Torre dos Moreno

Ligazóns externas

Testamento de Juan Moreno

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ribadeo