miniatura|250px|Agullas sendo cravadas na pel dun paciente. A acupuntura é un compoñente da medicina tradicional chinesa e unha forma de medicina alternativa que recibe a consideración de pseudociencia ao non poder achegar evidencias científicas da súa efectividade. e que consiste en, supostamente, restablece-lo equilibro no sistema enerxético vital dun organismo vivo pola inserción de agullas moi finas en determinados puntos do corpo, permanecendo durante algúns segundos.Nadia Ellis Acupuncture in clinical practice: a guide for health professionals. Nelson Thornes, 1999
Na China a súa práctica data do primeiro milenio a.C. difundíndose por Corea, Xapón e outros países asiáticos. No século XX difundiuse no mundo occidental como tratamento alternativo ou complementario á medicina académica.
Notas
Categoría:Pseudociencia Categoría:Medicina chinesa tradicional