Paula Luís González, nada en Vigo en 1981, é unha poeta e labrega galega.

Traxectoria Militante animalista a comezos do século XXI, cando foi voceira de Liberación Animal, a mediados da década de 2010 viviu un ano en Cataluña onde fixo teatro; tamén residiu en Mahabodhi Sunyata, un centro budista no Penedés. Despois residiu en Santiago de Compostela, e finalmente en Freixeiro (Santa Comba), onde traballa no campo. En 2020 publicou o seu primeiro libro de poesía, Dendrita, e quedou finalista (segundo premio) do premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo co poemario Antípoda.

Obras Dendrita (Chan da Pólvora, 2020). ISBN 978-84-121018-6-7

Notas

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores LGBT de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Vigo