María Teresa de las Mercedes Wilms Montt, nada en Viña del Mar o 8 de setembro de 1893 e finada en París o 24 de decembro de 1921, foi unha escritora, poeta e anarcofeminista chilena, tamén coñecida como Thèrése Wilms Montt, Tebal e Teresa de la Cruz. Foi descrita como "encarnación da aberrancia sexual e da profecía social".

Traxectoria Primeiros anos Foi a segunda das seis fillas (Luz Teresa Rosa, María Inés, Carolina Isabel, Carmen, Victoria Margarita e Ana Esperanza) do matrimonio de Federico Guillermo Wilms y Brieba (1867-1943), suposto descendente da realeza prusiana, e Luz Victoria Montt y Montt (1870-1917), bisneta do presidente da república Manuel Montt. Tiña ascendencia alemá por parte de pai e catalá de Xirona por parte de nai.Ruth González-Vergara. Teresa Wilms Montt: Un canto de libertad, Penguin Random House Grupo Editorial Santiago de Chile, 2011 Google Books ten dispoñibles en liña fragmentos deste libro; consultado o 30 de setembro de 2017 Tivo unha esmerada educación por parte de institutrices e titores privados, segundo as regras da época destinada a manter un matrimonio e o protocolo da alta sociedade, sen contar co seu carácter rebelde que axiña manifestou. Con facilidade para as linguas, aprendeu francés (idioma en que escribiu os seus diarios), inglés, italiano, portugués e un pouco de alemán.

En 1910, con dezasete anos, casou con Gustavo Balmaceda Valdés, sobriño do presidente José Manuel Balmaceda, en contra da vontade da súa familia e da do seu escollido. En Santiago integrouse na activa vida cultural da cidade. Os celos e o alcoholismo do seu marido provocáronlle graves conflitos familiares. O matrimonio tivo dúas fillas, Elisa, chamada "Chita" (1911), e Sylvia Luz (1913).

Entre 1912 e 1915 residiu en Iquique en pleno auxe salitreiro por razóns de traballo do seu marido. Alí comezou a súa relación con feministas e sindicalistas e observou os novos movementos dos reformistas. Entrou na masonaría e fixo as súas primeiras publicacións na prensa da cidade co pseudónimo de Tebal.

Tralo seu regreso a Santiago, o seu esposo descubriu a relación que ela mantiña con Vicente Balmaceda Zañartu, primo de Gustavo, ao que nos seus diarios chamaba poeticamente "Vicho", "Mi amante ídolo" ou "Jean", e que pouco a pouco se converteu na inspiración dos seus primeiros escritos. Un tribunal familiar recluíuna o 18 de outubro de 1915 no convento do Precioso Sangue,«Destino errante y trágico», Memoria Chilena, s/f; acceso 30.09.2017 onde intentou suicidarse o 29 de marzo do ano seguinte.

Viaxes 250px|miniatura|Retrato de Teresa de la Cruz por Julio Romero de Torres (1920) En xuño de 1916, Vicente Huidobro axudouna a fuxir do convento e marcharon xuntos a Buenos Aires. Grazas á súa permanencia nesta gran cidade que comenzaba a destacar pola súa intelectualidade cosmopolita, desenvolveu novas amizades cos escritores Victoria Ocampo, Jorge Luis Borges e Pelegrina Pastorino (Péle) e viviu a revolución da moda feminista, que lle presentou a posibilidade de levar pantalóns. Esta corrente tivo un enorme impacto nela.

Na capital arxentina inaugurou a súa carreira literaia, publicando en 1917 os seus libros Inquietudes sentimentales e Los tres cantos. En agosto dese ano, Horacio Ramos Mejía, mozo de 20 anos e un dos seus namorados, suicidouse fronte a ela (en 1919 publicou Anuarí, poemario dedicado a el). Tras esta traxedia, partiu no barco Vestris a Nova York para colaborar coa Cruz Vermella durante a Primeira guerra mundial, mais:

En Europa Tras ser acusada de espía foi deportada a España, onde se integrou na bohemia madrileña e frecuentou o café Pombo. Presentada por Joaquín Edwards Bello, coñeceu os escritores Ramón Gómez de la Serna, Enrique Gómez Carrillo e, principalmente, Ramón María del Valle-Inclán, que prologou os libros que publicou no país. Alí saíron á luz En la quietud del mármol e Mi destino es errar, como Teresa de la Cruz. Na capital española retratárona os pintores Julio Romero de Torres e Anselmo Miguel Nieto.

Tras errar por Buenos Aires, Sevilla, Córdoba e Granada, estableceuse en París en 1920. Alí volveu encontrarse coas súas fillas despois de cinco anos de non velas. Cando as nenas regresaron a Chile, a dor da nova separación provocoulle unha terrible depresión que a levou ao suicidio. Faleceu o 24 de decembro de 1921 por unha sobredose de veronal aos 28 anos de idade. Está enterrada na división 82 do cemiterio do Père-Lachaise.Biblioteca Nacional de Chile

Na cultura popular A cineasta chilena Tatiana Gaviola rodou un filme baseado na vida da escritora, Teresa, estreado o 11 de xuño de 2009.

Obras Inquietudes sentimentales, Buenos Aires, 1917. Los tres cantos, Buenos Aires, 1917. En la quietud del mármol, Casa Ed. Blanco, Madrid, 1918. Anuarí, Casa Ed. Blanco, Madrid, 1919. Cuentos para hombres que son todavía niños, Buenos Aires, Argentina, 1919. Lo que no se ha dicho, antoloxía, Editorial Nascimento, Santiago de Chile, 1922. Obras completas, compilada por Ruth González-Vergara, Editorial Grijalbo, Barcelona, 1994.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Teresa Wilms Montt en Memoria Chilena Blog con minibiografía y fragmentos de su segundo diario A Teresa Wilms Montt (poema de Sergio Fritz)

Categoría:Nados en Viña del Mar Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1921 Categoría:Suicidios en 1921 Categoría:Escritores de Chile Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Suicidas de Chile Categoría:Chilenos de ascendencia alemá Categoría:Chilenos de ascendencia catalá Categoría:Finados por sobredose Categoría:Anarcofeministas