Soiuz TMA-6 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 15 de abril de 2005 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-6 foi lanzada cos cosmonautas Sergei Krikalev, John L. Phillips e Roberto Vittori a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento mentres a frota de transbordadores espaciais permanecía parada despois do accidente do transbordador espacial Columbia. A nave acoplouse ao módulo Pirs e durante a súa estancia a ISS recibiu a visita da misión Soiuz TMA-7 e dos cargueiros Progress M-53 e Progress M-54. Regresou o 11 de outubro de 2005 con Krikalev, Phillips e Gregory Olsen.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz