Howland Wood, nado o 30 de maio de 1877 en Bedford, Massachusetts, e finado o 4 de xaneiro de 1938 en Queens, Nova York, foi un numismático estadounidense."Howland Wood". The British Museum."Wood, Howland, 1877-1938 ". American Numismatic Society.Smith, P. (2012).
En ocasións utilizaba o pseudónimo de Franklin Perry.
Traxectoria Howland Wood naceu en Bedford, Massachusetts, en 1877, e graduouse na Universidade Brown, en Rhode Island, en 1900.
A súa carreira como numismático estivo vinculada á American Numismatic Society (ANS), entidade na que ingresou en 1909 e de cuxo museo foi nomeado conservador o 25 de xaneiro de 1913, posto no que permaneceu ata o seu falecemento en 1938. No seu período como conservador da ANS, a colección da Sociedade creceu desde os 50.000 exemplares iniciais ata os 200.000 espécimes.
Na American Numismatic Society desenvolveu, así mesmo, o labor de editor do American Journal of Numismatics, entre 1910 e 1920, e editor de Numismatic Notes and Monographs a partir de 1920.
Paralelamente á ANS, Howland Wood pertenceu tamén á American Numismatic Association, da que ocupou o posto de secretario entre 1905 e 1909, e cabeza da xunta de goberno de 1909 a 1912, así como editor asociado do xornal The Numismatist.
Entre outras entidades numismáticas, Wood foi tamén secretario da Sociedade Numismática de Boston (1908-1913), presidente do Club Numismático de Nova York (1930-1933).
Vida familiar Howland Wood casou o 18 de xuño de 1913 con Elizabeth Eliot Marvin, con quen tivo dúas fillas. A súa muller era filla de William T. R. Marvin, que anteriormente fora tamén editor do American Journal of Numismatics, da ANS.
Wood faleceu na súa casa familiar de Flushing, Queens, Nova York, o 4 de xaneiro de 1938.
Premio Howland Wood Memorial A American Numismatic Association instituíu na súa honra, na primavera de 1952, o premio Howland Wood Memorial á mellor exposición numismática."Howland Wood Memorial for Best-of-Show Exhibit". American Numismatic Association.
Recoñecementos
(1920): Medalla Huntingion, da American Numismatic Society. "Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos de Howland Wood:Bowker, H. F. (1943). A Numismatic Bibliography of the Far East. American Numismatic Society. Páxinas 128-130."Wood, Howland 1877-1938 ". Digital Library Numis."Wood, Howland 1877-1938". WorldCat Identities.
miniatura|Ilustracións de Canadian blacksmith coppers (1910), de Howland Wood.
(1910). Canadian blacksmith coppers. Filadelfia. (1914). Cataloque of United States and Colonial Coins. (1915). The coinage of the West Indies. / The sou marqué. (separata de American Journal of Numismatics). American Numismatic Society, Nova York. (1921). The Mexican revolutionary coinage, 1913-1916. American Numismatic Society, Nova York. (1922). The gold dollars of 1858 with notes of the other issues. American Numismatic Society, Nova York. (1922). The commemorative coinage of the United States. American Numismatic Society, Nova York. (1923). The Tegucigalpa coinage of 1823. American Numismatic Society, Nova York. (1928). The coinage of the Mexican revolutionists. American Numismatic Society, Nova York. (1934). The Gampola larin hoard. American Numismatic Society, Nova York. (1937). The coinage of Ethiopia. W. Raymond, Nova York.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Smith, P. (2012). "Wood, Howland". En American Numismatic Biographies. Páxina 384.
Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en Massachusetts Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Coleccionistas Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Alumnos da Universidade Brown Categoría:Personalidades sen imaxes