A patrulla perdida (en ) é un filme estadounidense de 1934 dirixido e producido por John Ford. Merian C. Cooper foi o produtor exectuvio e Cliff Reid o produtor asociado e baséase na novela Patrol de Philip MacDonald. Max Steiner compuxo a banda sonora e foi nomeado ó Óscar.

Estreouse subtitulado en galego o 6 de marzo de 2021 na TVG.

Sinopse Durante a Gran Guerra, unha patrulla británica recorre a cabalo o deserto de Mesopotamia. Un disparo dun tirador oculto acaba coa vida do oficial ao mando, o único que coñecía as ordes. O sarxento toma o mando e adopta as decisións que lle dita a súa experiencia, conducindo os seus homes ao pobre refuxio que proporciona un oasis cunha mesquita en ruínas. Os homes van caendo un a un a mans dos adversarios ocultos, e o temor vaise apoderando dos superviventes.

Personaxes

Victor McLaglen como o sarxento Boris Karloff como Sanders Wallace Ford como Morelli Reginald Denny como George Brown J. M. Kerrigan como Quincannon Billy Bevan como Herbert Hale Alan Hale como Matlow Cook Brandon Hurst como Comandante Bell Douglas Walton como Pearson Sammy Stein como Abelson Howard Wilson como aviador Paul Hanson como Jock MacKay

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Evans, Alun. Brassey's Guide to War Films. Dulles, Virginia: Potomac Books, 2000. . Pallot, James e James Monaco. The Movie Guide. Nova York: Berkley Publishing Group, 1995. .

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1934 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Ford Categoría:Filmes ambientados no Imperio Otomán Categoría:Filmes ambientados en Iraq Categoría:Filmes con banda sonora de Max Steiner Categoría:Filmes de 1934 con versión en galego Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes sobre a primeira guerra mundial Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América