A WildCard da FIBA é unha invitación que a FIBA lles ofrece a algunhas seleccións nacionais que non se cualificaron para o Mundobasket a través das súas respectivas competicións continentais.

Criterios de decisión

Os criterios para obte-la WildCard son:

A selección candidata deberá haber participado no campionato que serve de cualificación continental da súa Zona FIBA. Poden estar invitadas un máximo de tres seleccións por Zona FIBA.

Ademais destes criterios, a FIBA tamén ten en conta os seguintes aspectos:

Aspectos deportivos: Popularidade do baloncesto no país. Calidade e resultados deportivos da selección nacional. Calidade do traballo da Federación Nacional.

Aspectos económicos: Cobertura das televisións nacionais das competicións locais e internacionais. Importancia do país para a mercadotecnia da FIBA e para a televisión que a patrocina. Importancia do país para os organizadores do Mundial de baloncesto.

WildCards para o 2006

As seleccións invitadas pola FIBA a través das WildCards foron decididas polo Comité CentralO Comité Central da FIBA é a asemblea xeral composta por 20 membros máis 3 ex-officio. Ten por funcións establece-lo Regulamento Internacional e asigna-la organización do Campionato mundial de baloncesto. o 26 e 27 de novembro de 2005, en Roma, Italia.

O Secretario Xeral da FIBA, Patrick Baumann, foi o encargado de propoñe-los nomeados, e o Comité Central de decidir sobre eles.

Finalmente, as catro seleccións ás que se lle outorgaron un WildCard para o XVI Campionato do Mundo de baloncesto foron:

20px Italia - FIBA Europa 20px Porto Rico - FIBA Americas 20px Serbia e Montenegro - FIBA Europa 20px Turquía - FIBA Europa

Notas

Ligazóns externas Web Oficial da FIBA .

Categoría:Baloncesto