Stephanie Beacham, nada en Londres o 28 de febreiro de 1947, é unha actriz británica, coñecida mundialmente polo seu papel como Sable Colby nas series de televisión The Colbys (1985-87) e Dinastía.
Debutou na década de 1960, en series de televisión como The Saint, e deu o salto ao cine con dúas películas nas que actuou con grandes estrelas: The Games (1970) con Ryan O'Neal e Charles Aznavour, e The Nightcomers (1971) con Marlon Brando.
Logo rodou Dracula AD 1972, xunto con Christopher Lee e Peter Cushing. En 1973 actuou noutro filme de horror con Cushing: And Now the Screaming Starts!.
En 1993, Beacham participou na primeira temporada da serie SeaQuest DSV.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial de Stephanie Beacham (en inglés).
Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra